Vista de impresión

Vista imprimible

Esta páxina está pensada para que se adapte mellor ó papel que na vista tradicional.

Xoves, 02 de Setembro de 2010 ás 08:46 horas

Visita ás obras de mellora da Depuradora Municipal

O alcalde, Salvador González Solla, o concelleiro de Servizos Comúns, Alberto Novoa, técnicos da empresa Tesagua, adxudicataria das obras de mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais de Ponteareas (EDAR), e responsables de Aquagest, concesionaria da explotación desta instalación, xiraron visita as obras de mellora da depuradora.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 02 de Setembro de 2010 ás 08:39 horas

Presentación do trofeo de fútbol Festas dos Remedios

O concelleiro de deportes, Alberto Novoa Iglesias, o presidente da S. D. Juvenil de Ponteareas, José Manuel Rodríguez, e o vicepresidente, Manuel Ramilo, presentaron onte mércores 1 de setembro, no salón de plenos do concello de Ponteareas o trofeo “Festas dos Remedios” de fútbol, que terá lugar o vindeiro sábado día 4 nos campos de fútbol de Pardellas.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 02 de Setembro de 2010 ás 08:37 horas

Presentación do II Torneo de Tenis Concello de Ponteareas

Onte mércores 1 de setembro tivo lugar no salón de plenos, a presentación oficial do “II Torneo de Tenis Concello de Ponteareas”. O acto de presentación correu a cargo do concelleiro de deportes, Alberto Novoa Iglesias, que estivo acompañado polo presidente do Club de Tenis Ponteareas, Manuel Regueira, e polo vicepresidente, Juán Carlos Márquez.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 31 de Agosto de 2010 ás 07:34 horas

Presentación do programa das Festas de Setembro

O alcalde, Salvador González Solla, e o concelleiro de Festas, Andrés Sampedro, presentaron na mañá de hoxe, no Salón de Plenos, o programa de actividades das Festas de Setembro, na honra da Virxe dos Remedios e de San Miguel. Un programa que comeza o venres coa actuación do grupo Tam Tam Go! na praza Maior ás 23:00 horas.
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Luns, 30 de Agosto de 2010 ás 08:59 horas

O sábado 4, celébrase a IV Feira Tradicional dos Remedios

As Concellerías de Cultura, Comercio e Turismo, dirixidas por Andrés Sampedro, organizan un ano máis a Feira Tradicional dos Remedios que terá lugar o día catro de setembro, facéndose coincidir, como en anos anteriores, co sábado máis próximo á festividade da Virxe dos Remedios. Despois de tres anos de boa acollida por parte dos veciños, comerciantes e visitantes, a feira converteuse nun referente lúdico-comercial da bisbarra que atrae a milleiros de persoas durante toda o día.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 30 de Agosto de 2010 ás 05:52 horas

O venres comezan as festas de Setembro coa actuación de TAM TAM GO!

O venres, día 3 de setembro o grupo TAM TAM GO¡, actúa na Praza Maior a partir das 23:00 horas, dando inicio á amplia programación cultural que se desenvolverá en Ponteareas ao longo do mes de setembro, coincidindo coas festas na honra á Virxe dos Remedios e San Miguel Arcanxo.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 30 de Agosto de 2010 ás 05:46 horas

O CDL inicia un novo curso para persoas desempregadas

O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) iniciará o vindeiro luns, 6 de setembro, un curso de Operacións básicas de cociña que rematará o 03 de decembro, cun total de 350 horas lectivas e que desenvolverá as súas actividades no propio CDL en horario das 08:00 horas ás 14:00 horas e terán carácter teórico- prácticas.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 30 de Agosto de 2010 ás 05:37 horas

O concello devolveralle ao Estado máis de 450.000 euros

O alcalde, Salvador González Solla, sinalou onte que o Concello ponteareán deberá reintegrarlle, ao Estado, 452.420 euros, correspondentes á liquidación do ano 2008. González Solla matizou que entre nove concellos, encadrados nas comarcas do Condado e A Paradanta, deberán reintegrar un total de 1.547.000 euros.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 27 de Agosto de 2010 ás 08:51 horas

Presentado o XXIV Encontro Internacional de Corais da Ribeira do Miño

O Alcalde, Salvador González Solla, o Concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, e Cholo Neves, presidente da Coral do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas presentaron no día de onte no Salón de Plenos, o XXIV ENCONTRO INTERNACIONAL DE CORAIS DA RIBEIRA DO MIÑO, que se desenvolverá na Praza Maior, o sábado, día 4 de setembro a partires das 20:00 horas, no que participarán as seguintes agrupacións:.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 24 de Agosto de 2010 ás 13:07 horas

O grupo folk ARDENTÍA actuará o sábado 28 na praza Maior

Esta mañá presentouse en rolda de prensa o concerto que o grupo folk Ardentía protagonizará o vindeiro sábado, día 28 de agosto, ás 22:30 horas na praza Maior. O alcalde, Salvador González Solla, acompañado do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández e o músico e representante do grupo Ardentía, Cristóbal Pascual Pérez, daban conta desta actuación dentro do programa de verán da Concellería de Cultura.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 20 de Agosto de 2010 ás 09:27 horas

O alcalde visita as obras de saneamento no barrio de San Roque

O alcalde, Salvador González Solla, e o concelleiro de Servizos Comúns, Alberto Novoa, visitaron as obras de saneamento, no barrio de San Roque, de cara a eliminar os vertidos no río Tea, coa  construción dun novo colector ao que se engancharán os colectores antigos no treito entre a rúa Castelao e a capela de San Roque.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 20 de Agosto de 2010 ás 09:23 horas

O alcalde visita as obras da Piscina Municipal

O alcalde, Salvador González Solla, o tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, e o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, visitaron as obras que se desenvolven na Piscina Municipal de cara a dotala de equipos de enerxía solar e biomasa, que contan para a súa realización cun investimento de 188.647 euros. Na visita recibiron detalladas explicacións por parte dos técnicos da empresa adxudicataria do estado en que se atopan as obras que, segundo explicaban, están case que a piques de rematar.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 20 de Agosto de 2010 ás 09:12 horas

A festa do polo á brasa foi presentada na cidade de Vigo

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández e o presidente da Casa Cultural de Areas, Eladio Sousa, presentaron onte xoves na sede da Deputación Provincial en Vigo, a Novena edición da festa do Polo á Brasa, que se celebrará o domingo 22 de agosto no Parque da Bouza Vella, no barrio de Ganade, na parroquia de Areas.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 20 de Agosto de 2010 ás 08:07 horas

Visita ás obras de reforma do auditorio municipal

O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, acompañado polo alcalde, Salvador González Solla, o conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a directora xeral de Comercio María Nava Castro e concelleiros do grupo de goberno do concello ponteareá, visitaron ao mediodía do xoves as obras de reforma do auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 20 de Agosto de 2010 ás 07:58 horas

Presentado o I Torneo Concello de Ponteareas de Fútbol

Na mañá de onte, xoves, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, e Cholo Sobral, presidente da Sociedade Deportiva Ponteareas, presentaron no Salón de Plenos da Casa do Concello, o “I Torneo Concello de Ponteareas” de fútbol, que, durante o sábado 21 de agosto e domingo 22 de agosto, se disputará nas instalacións deportivas de Pardellas.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 18 de Agosto de 2010 ás 15:01 horas

Actividades para a fin de semana

Imaxes IMAXES

Ir arriba

Martes, 17 de Agosto de 2010 ás 05:49 horas

O Club Ciclista Ponteareas, campión galego de contrarreloxo por equipos na categoría cadete

Este pasado sábado desputouse en Ponteareas o Campionato Galego de Ciclismo Contrarreloxo por Equipos nas categorías cadete e júnior no que o Club Ciclista Ponteareas se proclamou vencedor na categoría Cadete e segundo na categoría júnior a escasos tres segundos do equipo gañador.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 16 de Agosto de 2010 ás 08:13 horas

O concello deberá reintegrar ao Estado máis de 450.000 euros

O alcalde, Salvador González Solla, sinalou onte que o Concello ponteareán deberá reintegrar, ao Estado, 452.420 euros, correspondentes á liquidación do ano 2008. González Solla, matizou que, entre nove concellos encadrados nas comarcas do Condado e A Paradanta, deberán reintegrar un total de 1.547.000 euros.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 16 de Agosto de 2010 ás 08:10 horas

As obras de mellora da Depuradora comezarán este mes

O alcalde, Salvador González Solla, técnicos da empresa Tesagua, adxudicataria das obras de mellora da Estación Depuradora de Augas Residuais de Ponteareas (EDAR) e responsables da empresa Aquagest, concesionaria da explotación desta instalación, mantiveron unha reunión na mañá do venres na Casa do Concello de cara a realizar o replanteo do proxecto desta obra de mellora da depuradora ponteareá.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 11 de Agosto de 2010 ás 15:33 horas

Actividades para a fin de semana

Imaxes IMAXES

Ir arriba

Mércores, 11 de Agosto de 2010 ás 15:08 horas

O sábado 14, Campionato Galego Contrarreloxo por equipos

No día hoxe, foi presentado o Campionato Galego de Ciclismo Contrarreloxo por Equipos que se disputará o sábado, 14 de agosto, en Ponteareas. A presentación correu a cargo do alcalde, Salvador González Solla, do concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, e do director do Club Ciclista Ponteareas, José Teixeira.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 11 de Agosto de 2010 ás 14:58 horas

Entrega de diplomas aos comerciantes do Mercado Municipal

O martes 10 de agosto, tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello, o acto de entrega de diplomas aos participantes no curso que baixo o título de “Programa Formativo de Comerciantes da Praza de Abastos”, organizou a Cámara de Comercio de Vigo en colaboración do Concello de Ponteareas e que tiña como obxectivo dotar aos comerciantes do mercado municipal, das ferramentas precisas para mellorar a súa competitividade e converter á Praza de Abastos no cerne da actividade comercial de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 11 de Agosto de 2010 ás 14:55 horas

Comezaron dous novos cursos de formación no CDL

O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) iniciou o luns 2 de agosto, dous cursos ao abeiro do programa de Accións Formativas para Desempregados da Xunta de Galicia. O curso de Traballador Forestal rematará o 15 de novembro, conta cun total de 365 horas lectivas e desenvolverase no propio CDL e o de Atención Socio Sanitaria, rematará o 11 de novembro, conta cun total de 355 horas lectivas e desenvolverase nas instalacións do Centro Social de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 11 de Agosto de 2010 ás 14:47 horas

Rouban 200 metros de cable de cobre do campo de fútbol de Pardellas

A Concellería de Deportes, que dirixe Alberto Novoa Iglesias, denunciou a desaparición de 200 metros lineais de cable de cobre de 120 milímetros, do centro deportivo de Pardellas. O roubo supón un evidente prexuízo para os usuarios desta instalación deportiva que onte pola noite, por exemplo, non puideron adestrar por falta de alumeado.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 05 de Agosto de 2010 ás 08:56 horas

Visita do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, acompañado polo alcalde, Salvador González Solla, avanzou no serán de onte que a previsión da Xunta é licitar no derradeiro trimestre deste ano a sexta e última fase das obras de saneamento das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo. Aclarou o titular de Medio Ambiente que para esta actuación o departamento de Augas de Galicia reservou unha partida económica de case 1,4 millóns de euros e que, deste xeito, no ano 2012 podería darse por concluído o saneamento destas tres parroquias.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 05 de Agosto de 2010 ás 08:41 horas

A OMIX comezou a desenvolver un curso de chinés

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Xuventude que dirixe Andrés Sampedro Fernández, e dentro das actividades que periodicamente organiza para os mozos e mozas de Ponteareas, vén de organizar un curso básico de chinés, que comezou o luns día 2 de agosto.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 30 de Xullo de 2010 ás 16:24 horas

Final de la copa del mundo en la plaza Mayor

Ir arriba

Xoves, 29 de Xullo de 2010 ás 08:44 horas

O sábado e o domingo, V FESTA DO BACALLAU

Durante o sábado 31, e o domingo 1, celébrase no parque de San Roque, a V edición da Festa do Bacallau, na que haberá diversas actividades de entretemento nas horas do xantar e da cea. O bacallau ofreceráse á brasa, ao forno, en salpicón, empanada, tortilla,.. e tamén haberá empanada de carne, polvo, pementos, tortilla de patacas,..

Ir arriba

Xoves, 29 de Xullo de 2010 ás 08:37 horas

O domingo na praza Maior actuará o mago ROMARIS

O vindeiro domingo día 1 de agosto, ás 22:30 horas, na Praza Maior, actuará o Mago Romaris, que presentará o seu espectáculo “Triúnfan copas”, incluído no programa de actividades do mes de xullo pola Concellería de Cultura.

Ir arriba

Xoves, 29 de Xullo de 2010 ás 08:18 horas

O sábado 31 Cine na rúa presenta Los pequeños Invasores

O vindeiro sábado 31, ás 22:30 horas, na urbanización “Ponteareas Ciudad”, a Concellería de Cultura proxectará a película “Pequeños Invasores”, apta para tódolos públicos. Esta película foi incluída no ciclo CINE NA RÚA que se desenvolve no programa de actividades do mes de xuño, organizadas polo concello ponteareán.

Ir arriba

Xoves, 29 de Xullo de 2010 ás 08:05 horas

O venres 30 actuación de bandas de música na praza Maior

O venres día 30, a partir das 22:30 horas, haberá un pasacalles da Banda de Música de Foz (Lugo) e da Banda de Música Unión de Guláns, dense a casa do Concello ata a praza Maior, onde ofrecerán un concerto.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 29 de Xullo de 2010 ás 07:53 horas

Continuan as obras no colexio Nosa Señora dos Remedios

Continúan a bo ritmo as obras de construción da cuberta da pista polideportiva no Colexio Nosa señora dos Remedios, que desenvolve a  Concellería de Educación, que dirixe José Iglesias Fernández, ao abeiro do “Programa de Instalacións Auxiliares e Deportivas en Centros Escolares”. Estes  traballos consisten en cubrir a pista polideportiva de tal xeito que poida ser utilizada en condicións meteorolóxicas adversas.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 23 de Xullo de 2010 ás 09:36 horas

Inaugurado un novo depósito de auga potable na parroquia de Xinzo

O pasado sábado comezou a funcionar un novo depósito de auga potable na parroquia de Xinzo, nun acto organizado pola Xunta Directiva da comunidade de usuarios da traída de augas de Xinzo-Norte , ao que asistiu o alcalde, Salvador González Solla e o concelleiro de Servizos Comúns, Alberto Novoa.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 20 de Xullo de 2010 ás 09:13 horas

O domingo celebrouse a Copa Deputación de descenso BTT

O pasado domingo 18 de xullo, celebrouse a Copa Diputación de Descenso BTT, que tivo lugar no Monte da Picaraña, coa participación de mais dun centenar de corredores galegos que disfrutaron dunha magnifica proba organizada pola Asociación Deportiva A Picaraña coa colaboración da Deputacion Provincial, a Federación Galega de Ciclismo e o concello de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 20 de Xullo de 2010 ás 08:53 horas

O sábado 24, na praza Maior, Cine na Rúa presenta AVATAR

O vindeiro sábado 24, ás 22:30 horas, na Praza Maior, a concellería de Cultura ten programado, dentro do ciclo CINE NA RÚA, do programa de actividades de verán, a proxección da película AVATAR, de ciencia ficción, e gañadora de 3 Oscar de Hollywood neste ano 2010.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 20 de Xullo de 2010 ás 08:48 horas

O venres 23, na praza Maior, Renato Spencer & Café Caxaça

O venres día 23, a concellería de Cultura ten programado, dentro das actividades de verán, a actuación de “Renato Spencer & Café Caxaça”, na praza Maior, ás 22:30 horas. Este grupo musical trata de amosar unha variada cultura musical, centrada en ritmos do Brasil e que representan un ponto de encontro das culturas europeas, indíxenas e africanas.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 20 de Xullo de 2010 ás 08:34 horas

A nadadora Sara Gándara, medalla de bronce no campionato de España

Foi recibida polos seus compañeiros na piscina municipal

A nadadora do Club Natación Ponteareas, Sara Gándara Díez, acadou a medalla de bronce na proba de 100 metros braza, no Campionato de España de Natación en categoría Alevín, amais dun quinto posto en 400 estilos e un sétimo lugar en 300 braza.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 20 de Xullo de 2010 ás 08:31 horas

Felicitacións aos alfombristas polo éxito das festas do Corpus

O concello axudou ás rúas alfombristas con 18.000 euros para gastos de materiais

O alcalde, Salvador González Solla, e mailo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, quixeron hoxe novamente, agradecer aos alfombristas de Ponteareas o traballo desenvolvido tanto nas pasadas festas do Corpus Christi, como no decurso do Congreso Internacional de Arte Efémera. Ese traballo, segundo o alcalde de Ponteareas, “permitiu que esta Festa, declarada de Interese Turístico Internacional, fora este ano máis que nunca, un referente neste tipo de celebracións en todo o mundo”.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 19 de Xullo de 2010 ás 07:21 horas

Continuan os traballos de mellora da rúa dos Ferreiros

Continúan a bo ritmo as obras de mellora da rúa dos Ferreiros que desenvolve a Concellería de Vías que dirixe o tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, incluídas dentro dun plan global de mellora das rúas do casco urbano.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 13 de Xullo de 2010 ás 08:59 horas

Preto de 4000 persoas presenciaron a final de España na Praza Maior

Preto de catro mil persoas acudiron o pasado domingo a Praza Maior para a través da pantalla xigante instalada polo Concello, poder ver como España, por primeira vez na súa historia, proclamábase campiona do mundo ao gañar á selección holandesa cun gol de Andrés Iniesta que pasou a formar parte xa da historia do fútbol.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Martes, 13 de Xullo de 2010 ás 08:57 horas

Asinado o convenio de cesión de uso da Casa Cultural de San Mateo

O alcalde, Salvador González Solla, e a presidenta da Asociación Cultural de San Mateo, Lucía Pérez Iglesias, asinaron na mañá de hoxe, o convenio de Cesión da Casa Cultural que fora inaugurada o 12 de xuño polo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, e que contou cun investimento superior aos 300.000 euros.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 13 de Xullo de 2010 ás 08:49 horas

O alcalde visita as obras de construcción da ETAP

O Alcalde, Salvador González Solla, e o concelleiro de Servicios Comúns, Alberto Novoa, visitaron onte as obras de construcción da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), que contarán para a súa execución cun investimento superior aos 1,2 millóns de euros e que teñen un prazo de execución de 12 meses.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 13 de Xullo de 2010 ás 07:39 horas

O campamento de verán ten cubertas todas as prazas

A Concellería de Educación vén hoxe de dar conta do grande éxito do Campamento de Verán que, durante todo o mes de xullo e a segunda quincena de agosto, desenvólvese nas instalacións do Colexio da Inmaculada.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 13 de Xullo de 2010 ás 07:35 horas

Obras de apertura dunha nova pista en San Mateo de Oliveira

A Concellería de Vías e Obras que dirixe o tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, está a desenvolver obras na parroquia de San Mateo de Oliveira, de cara a abrir unha nova pista nas inmediacións da igrexa parroquial.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 09 de Xullo de 2010 ás 09:35 horas

O partido Holanda-España en pantalla xigante na Praza Maior

O Concello vén de anunciar a colocación dun camión trailer cunha pantalla xigante de 5,70 x 4 metros, na Praza Maior, para que todos aqueles veciñas e veciños que así o desexen, poidan seguir dende alí o partido Holanda-España, da final da Copa do Mundo, no que se espera que sexa a grande festa do fútbol. Unha vez rematado o encontro, haberá festa con DJ.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 08 de Xullo de 2010 ás 06:41 horas

O sábado comeza o programa Verán 2010 con CINE NA RÚA

A Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro Fernández, inicia o programa cultural Verán 2010, cunha das actividades que máis expectación espertan entre a veciñanza, como é o Cine na Rúa, coa proxección o sábado 10 de xullo, as 22:30 horas no Parque da Perillana da película “Carlitos y el campo de los sueños”.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 08 de Xullo de 2010 ás 06:38 horas

O alcalde acusa aos nacionalistas de mentir sobre os parques públicos

O alcalde, Salvador González Solla, lémbralle ao concelleiro nacionalista, que nos seis anos que leva ao fronte da alcaldía, o Goberno Local investiu “máis de 850.000 euros en parques e xardíns, unha boa mostra da importancia que se lle da á dotación de espazos de lecer para os veciños e veciñas”.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 05 de Xullo de 2010 ás 07:46 horas

Iniciadas as obras de mellora e ampliación da wifi Sobroso Wireless

A Concellería de Novas Tecnoloxías que dirixe Alberto Novoa, vén de anunciar o inicio das obras de Ampliación e Mellora da rede Wifi gratuíta municipal, Sobroso Wireless, que contará cun orzamento de 33.514 euros do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostiblidade Local.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 05 de Xullo de 2010 ás 07:44 horas

O Xervicio de Bombeiros e a Policía Local actuaron con rapidez

O Concelleiro de Seguridade Cidadá e tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, destacou a actuación do Servicio de Bombeiros e da Policía Local no incendio acontecido o pasado xoves no depósito de vehículos de Ganade, e que se saldou cun balance de 16 coches totalmente calcinados.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 01 de Xullo de 2010 ás 06:34 horas

Actividades de verán na Ludoteca Municipal

O vindeiro luns, día 5 de xullo, comenzan as actividades de verán da ludoteca municipal para nen@s entre 6 e 12 anos (incluídos), reaberta de novo tras a súa remodelación, con horario de verán de 9:30 horas a 14:00 horas.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 28 de Xuño de 2010 ás 06:41 horas

Comezaron as obras de mellora da rúa dos Ferreiros

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe o tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, está a desenvolver obras de mellora no entorno da rúa dos Ferreiros, dentro do programa de mellora das rúas do casco urbano.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 28 de Xuño de 2010 ás 06:37 horas

Rematadas as obras do novo colector das Covas ata o río Tea

O alcalde Salvador González Solla, acompañado polo xefe territorial de Augas de Galicia, Francisco Alonso, visitou as obras que este organismo, dependente da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, desenvolve no colector das Covas, situado nas inmediacións do hipermercado Eroski. Ditas obras, acadaron un investimento superior aos 226.000 euros, e foron solicitadas polo concello á Xunta de Galicia, dentro do Plan de Mellora Ambiental do río Tea que está desenvolvendo o goberno local.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 28 de Xuño de 2010 ás 06:34 horas

Recepcionadas as obras da IV Fase do saneamento de Xinzo, Arnoso e Areas

O alcalde, Salvador González Solla, acompañado polo concelleiro delegado de Servizos Comúns, Alberto Novoa, recibiu o pasado mércores a denominada Acta de Recepción do Saneamento de Areas, Arnoso e Xinzo, correspondente á cuarta fase desta importante infraestrutura.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 28 de Xuño de 2010 ás 06:27 horas

Comezan as obras de mellora do abastecemento de auga en Xinzo, Arnoso e Areas

O alcalde, Salvador González Solla, anunciou hoxe o inicio das obras do Proxecto de mellora do abastecemento ás parroquias de Xinzo, Arnoso, Areas e Ribadetea, obras incluídas polo concello ponteareán dentro das actuacións a realizar ao abeiro do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local e que contarán, para a súa execución, cun orzamento de 199.967,71 euros.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 28 de Xuño de 2010 ás 06:22 horas

O concello establecerá un convenio coa SAT de Fozara

O alcalde, Salvador González Solla, anunciou o pasado xoves no Pleno Ordinario da Corporación Municipal, o inicio de conversas coa SAT Fozara, de cara a establecer un convenio que regularice a situación do alumeado público nesta parroquia de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 28 de Xuño de 2010 ás 06:19 horas

Novo Obradoiro de creación literaria no mes de xullo

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) dependente da Concellería de Xuventude que dirixe Andrés Sampedro Fernández, vén de anunciar a organización, para o vindeiro mes de xullo, dun novo Obradoiro de Creación Literaria. O éxito acadado o pasado ano, na primeira edición desta iniciativa, facía obrigada a convocatoria dun novo obradoiro.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 24 de Xuño de 2010 ás 08:09 horas

Continuan os traballos de mellora do alumeado público na vila

Nos últimos días estanse desenvolvendo, no entorno da rúa Estrada, as obras da primeira fase de mellora de alumeado público no casco urbano, obras realizadas pola concellería de Alumeado que dirixe Domingo Freitas Dalmeida.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 17 de Xuño de 2010 ás 17:23 horas

Rematado o asfaltado do entorno do novo Pavillón de Deportes

A Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración co concello de Ponteareas ven de rematar as obras de asfaltado do acceso ao novo Pavillón de Deportes, que se está construíndo na zona deportiva de O Reiro. Ditas obras melloran o entorno desta nova instalación deportiva ampliando o aparcadoiro de vehículos.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 17 de Xuño de 2010 ás 17:22 horas

Rematadas as obras da estrada da Lama na parroquia de Bugarín

Persoal e maquinaria da Deputación Provincial de Pontevedra remataban, nestes días, as obras dunha nova pista na parroquia de Bugarín. Esta nova vía de comunicación que, no barrio da Lama, vai dende Souto ata o Centro Cultural situado na Gándara, ten unha lonxitude de, aproximadamente, uns 250 metros.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 17 de Xuño de 2010 ás 17:20 horas

O domingo finalizou o I Open de tenis Vila do Corpus

O concelleiro de deportes do concello de Ponteareas, Alberto Novoa, fixo entrega o domingo 13 de xuño dos trofeos do I Open de Tenis “Vila do Corpus”, no que participaron 55 tenistas durante varios fins de semana nas pistas de tenis de A Freixa, e que rematou coas finais das categorías senior e cadete o pasado domingo.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 17 de Xuño de 2010 ás 17:18 horas

Éxito de participación no XVI Trofeo Vila do Corpus de fútbol base

Principiou nos campos de fútbol de Pardellas os días 12 e 13 de xuño, a XVI edición do Trofeo “Vila do Corpus” de fútbol base, que rematará o sábado día 19 de xuño. O campionato conta coa participación de 1300 rapaces de Galicia e Portugal, que compiten nas categorías Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 17 de Xuño de 2010 ás 17:27 horas

Obras de mellora no alumeado público no casco urbano

A concellería de Alumeado, que dirixe Domingo Freitas Dalmeida, ven de rematar as obras de mellora de alumeado publico dos barrios da parroquia de Guláns, dentro do proxecto no que investirá un total de 338.798 euros na mellora do alumeado público en distintos puntos do casco urbano de Ponteareas, amais destes barrios, que tiñan carencia neste servizo básico.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 15 de Xuño de 2010 ás 19:11 horas

O pasado luns 7 de xuño entregaronse as medallas do Corpus

O alcalde, Salvador González Solla, presidiu o luns 7 de xuño, festivo local, e como peche aos actos oficiais do Corpus Christi 2010, o acto protocolario de entrega das Medallas do Corpus, a aqueles alfombristas ponteareáns designados polas súas respectivas rúas.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 14 de Xuño de 2010 ás 13:02 horas

Ponteareas estivo presente en Madrid na presentación do Xacobeo

O xoves, un grupo de veciños confeccionou unha alfombra floral en Madrid, dentro do programa “10 camiños e 10 xeitos de vivir o Xacobeo 2010”. A expedición encabezada polo alcalde, Salvador González Solla e polo concelleiro de Medios de Comunicación, Alberto Novoa, participou neste evento, invitada pola Sociedade de Xestión do Xacobeo 2010, como mostra máis representativa do Camiño da Espiritualidade.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Luns, 14 de Xuño de 2010 ás 12:52 horas

A Feira Multicultural de Artesanía foi inaugurada o vernes

Na tarde do venres, abría as súas portas a Feira Multicultural de Artesanía instalada na Praza de Bugallal que, ata o vindeiro 20 de xuño, permitirá a veciñas e veciños non só de Ponteareas, senón de toda a comarca, mercar produtos artesanais de países de todo mundo.

Ir arriba

Luns, 14 de Xuño de 2010 ás 12:48 horas

Ponteareas estivo presente un ano máis no Corpus da Orotava

O tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, que encabezando a representación ponteareá que participa na Octava do Corpus da vila tinerfeña, destacou hoxe o grande traballo que desenvolveron os veciños e veciñas encargados de elaborar a alfombra floral que, tradicionalmente, confeccionan os ponteareáns na porta da Igrexa Parroquial.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 11 de Xuño de 2010 ás 18:34 horas

Os congresistas visitaron Santiago de Compostela

Imaxes IMAXES

Ir arriba

Venres, 11 de Xuño de 2010 ás 18:15 horas

Os congresistas visitaron as Íllas Cíes e Baiona

O pasado xoves, e unha vez rematadas as sesións de traballo do III Congreso Internacional de Arte Efémera, os participantes nesta cita internacional tomaban un respiro para visitar as Illas Cíes, incluídas no Parque Nacional das Illas Atlánticas, por invitación do Padroado de Turismo Rías Baixas.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Venres, 11 de Xuño de 2010 ás 18:48 horas

O congresistas visitaron o Castelo do Sobroso e Mondariz Balneario

Os participantes no III Congreso Internacional de Arte Efímero visitaron o mércores 3 pola tarde o Castelo do Sobroso, a empresa Aguas de Mondariz e a vila de Mondariz Balneario, onde foron recibidos polo alcalde, Jose Antonio Lorenzo.
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Venres, 11 de Xuño de 2010 ás 18:10 horas

O Grupo Es.Comunicación Galicia publicou un especial do Corpus Christi

Ir arriba

Sábado, 05 de Xuño de 2010 ás 18:23 horas

Cámara do Padroado de Turismo Rías Baixas

Poderá ver en directo a alfombra floral da Avenida da Constitución mediante a cámara instalada polo Padroado de Turismo Rías Baixas, no seguinte enlace   http://www.riasbaixas.depo.es

Ir arriba

Venres, 04 de Xuño de 2010 ás 14:25 horas

O Director Xeral de Promoción Cultural clausurou o III Congreso

As dúas da tarde de onte xoves, Francisco López Barxa, director xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia, acompañado polo alcalde, Salvador González Solla e mailo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, clausuraba as sesións de traballo do III Congreso de Arte Efémera que, dende o mércores, se desenvolvía en Ponteareas.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Venres, 04 de Xuño de 2010 ás 13:57 horas

Carmen Pardo Inaugurou o III Congreso Internacional de Arte Efímera

A secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo López, acompañada polo alcalde, Salvador González Solla e mailo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, inaugurou o mércores pola mañá as sesións de traballo do III Congreso Internacional de Arte Efémera que se desenvolverá en Ponteareas ata o vindeiro 6 de xuño.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Martes, 01 de Xuño de 2010 ás 18:50 horas

Presentación da festa do Corpus no Padroado de Turismo Rías Baixas

O alcalde, Salvador González Solla, acompañado polo coordinador de Turismo Rías Baixas, Ernesto Santiago Arbones, presentou hoxe o programa do Corpus Christi 2010 no “Palacete das Mendoza”, sede do Padroado de Turismo Rías Baixas en Pontevedra.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 31 de Maio de 2010 ás 19:24 horas

Hoxe presentouse en Vigo a Festa do Corpus Christi 2010

O alcalde, Salvador González Solla, acompañado polo Coordinador de Turismo Rías Baixas, Ernesto Santiago Arbones, presentou hoxe a Festa do Corpus Christi 2010, na sede da Deputación na Cidade de Vigo, dentro do programa de difusión da festa que o concello desenvolve no sur de Galicia e Norte de Portugal.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 31 de Maio de 2010 ás 19:17 horas

O ex alcalde José Castro Álvarez deu lectura ao Pregón das festas do Corpus Christi 2010

Onte domingo celebrouse no salón de Plenos da casa do concello o acto protocolario de lectura do Pregón do Corpus Christi que abre, oficialmente, o programa das Festas do Corpus ponteareá, no que o alcalde, Salvador González Solla, amosou a súa satisfacción polo feito de que, este ano, a Vila do Tea, convértase na capital das cidades alfombristas do mundo coa celebración do III Congreso Internacional de Arte Efémera.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 31 de Maio de 2010 ás 18:18 horas

A Secretaria Xeral para o Turismo inaugurará o III Congreso Internacional

A secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo López, acompañada polo alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, inaugurará o vindeiro mércores, 2 de xuño, no Salón de Plenos da Casa do Concello, as sesións do III Congreso Internacional de Arte Efémera.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 31 de Maio de 2010 ás 18:10 horas

O Pleno concede unha mención de honra a Roberto Varela e Carmen Pardo

O Pleno da Corporación Municipal, na súa sesión ordinaria do pasado xoves, decidiu cos votos do Grupo de Goberno, conceder unha Mención de Honra ao conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela e á secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, polo seu apoio ao Corpus Christi de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Balance de actuación da OMIC no último trimestre

O alcalde, Salvador González Solla, deu a coñecer o balance de actuación da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) nos últimos tres meses, un período no que este servizo foi utilizado por 224 veciñas e veciños, 166 para realizar distinto tipo de consultas e 58 para presentar reclamacións ao considerar que foran vulnerados os seus dereitos como consumidores.Ler mais ...

Ir arriba

Sábado, 29 de Maio de 2010 ás 13:09 horas

Clausura do curso da Escola Deportiva de Judo

Na tarde do pasado mércores 26 de maio celebrouse no colexio Fermín Bouza Brei de Ponteareas a clausura do Curso da Escola Deportiva de Judo que organiza a Deputación de Pontevedra en colaboración coa concellería de deportes do Concello de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 28 de Maio de 2010 ás 20:50 horas

Programa de actividades do III Congreso Internacional de Arte Efémera

O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, presentou ao mediodía de hoxe en rolda de prensa, o programa de actos do III Congreso Internacional de Arte Efémera que se desenvolverá, no salón de actos da casa consistorial os días 2 e 3 de xuño.
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Venres, 28 de Maio de 2010 ás 20:20 horas

Programa de actividades da Festa do Corpus Christi

Domingo, 30 de maio
13:15 h. Lectura do Pregón do Corpus Christi no Salón de Plenos da Casa do Concello, a cargo de D. José Castro Álvarez, ex alcalde de Ponteareas.
Mércores, 2 de xuño
10:00 h. Inauguración do III Congreso Internacional de Arte Efémera.
21:30 h. Actuación do grupo de gaitas Os Muíños de Oliveira polas rúas e portais alfombristas.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 28 de Maio de 2010 ás 20:13 horas

Presentadas as actividades das Festas de Corpus Christi

O alcalde, Salvador González Solla, presentou ao mediodía de hoxe en rolda de prensa, o programa de actos do Corpus Christi 2010 e do III Congreso Internacional de Arte Efémera que se desenvolverán, dende este vindeiro domingo, 30 de maio, ata o 7 de xuño.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 28 de Maio de 2010 ás 19:54 horas

Hoxe foi presentado o I Open de Tenis Vila do Corpus

O Concelleiro de Deportes, Alberto Novoa Iglesias, e o presidente do Club de Tenis de Ponteareas, Manuel Regueira, presentaron ao mediodía de hoxe, no Salón de Plenos da Casa do Concello, o que será o I Trofeo de Tenis Vila do Corpus, homologado pola Federación Galega de Tenis, e que estará reservado ás categorías de senior masculino e cadete masculino.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 27 de Maio de 2010 ás 14:23 horas

Presentada a XVI edición do Trofeo Vila do Corpus de Fútbol Base

O alcalde, Salvador González Solla, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa e o presidente da Escola de Fútbol de Ponteareas, José Antonio Montes, presentaron na tarde de onte mércores no Salón de Plenos a XVI edición do xa tradicional Trofeo Vila do Corpus de Fútbol Base, organizado pola Escola de Fútbol de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 27 de Maio de 2010 ás 10:49 horas

Presentado o libro LOS HERMANOS RODRÍGUEZ BARROS

O Salón de Plenos acolleu o pasado martes, 25 de maio o acto de presentación do libro de Juan Osés Navás que, baixo o título “Los Hermanos Rodríguez Barros, Tres décadas del mejor ciclismo nacional”, recolle a vida dos irmáns Rodríguez Barros, dende o comezo dunha dinastía que fixo que o ciclismo ponteareá brillara con luz propia, ata o fin da mesma, pasando polos triunfos deportivos, as anécdotas e o seu perfil humano.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 27 de Maio de 2010 ás 14:42 horas

Escolares do Fermín Bouza Brey visitaron as instalación do Servizo de Bombeiros

Alumnos e alumnas do colexio Fermín Bouza Brey, visitaron nestes días, as instalacións do servizo de Bombeiros, dentro dun programa que desenvolve a Concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe o Tenente de Alcalde, Juan Carlos González Carrera, de dar a coñecer aos escolares ponteareáns, o funcionamento dos distintos servizos de emerxencia do concello.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 24 de Maio de 2010 ás 14:56 horas

Ponteareas e A Orotava confeccionaron unha alfombra floral na Praza do Obradoiro

Unha grande alfombra de flores, de 120 metros cadrados de superficie, adobiou onte domingo a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, nun acto organizado por Xacobeo 2010, en conxunto co Concello de Ponteareas, na que traballaron arreo, durante toda a noite, os alfombristas de Ponteareas e da Orotava (Tenerife).Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Luns, 24 de Maio de 2010 ás 19:00 horas

Presentación do libro LOS HERMANOS RODRÍGUEZ BARROS

O Salón de Plenos acollerá mañá martes, 25 de maio ás 20:00 horas, a presentación do libro de Juan Osés que, baixo o título “Los Hermanos Rodríguez Barros, Tres décadas del mejor ciclismo nacional”, recolle a vida dos irmáns Rodríguez Barros dende o comezo dunha dinastía que fixo que o ciclismo ponteareá brillara con luz propia, ata o fin da mesma, pasando polos triunfos deportivos, as anécdotas e o seu perfil humano.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 24 de Maio de 2010 ás 18:45 horas

Curso de Estiramentos de cadeas musculares

Neste vindeiro mes de xuño, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), dependente da Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro Fernández, desenvolverá un curso, totalmente novidoso, de Estiramentos de Cadeas Musculares que será impartido por David John Munro.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 24 de Maio de 2010 ás 18:55 horas

A escritora Estíbaliz Espinosa levará a cabo unha actividade cos nenos e nenas de Ponteareas

A escritora Estíbaliz Espinosa Río estará cara a cara cos nenos e nenas de Ponteareas para facerlles chegar a fantasía a través dos contos, nunha actividade, programada polo Servizo de Normalización Lingüística, que levarase a cabo o día 28 de maio, ás 17.30 horas, na Biblioteca Pública Municipal, dirixido a nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 4 e 12 anos, así como a menores destas idades acompañados polos pais.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 21 de Maio de 2010 ás 20:20 horas

O Xacobeo celebrará en Ponteareas o concerto de Amaia Montero o 6 de xuño día do Corpus Christi

O xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e do alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, presentou esta mañá o concerto de Amaia Montero que se celebrará o 6 de xuño nesta localidade coincidindo co seu día grande de festas, o domingo do Corpus.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 21 de Maio de 2010 ás 20:25 horas

Continuan as actividades do Mes de Maio, Mes das Letras

Este venres, 21 de maio The Pinga Teatro chegará a Ponteareas coa súa actividade de animación en galego, titulada O recuncho dos contos. A través de contos, xogos e cancións, téntase espertar a imaxinación dos nenos, buscando o obxectivo xeral de que pasen un rato moi agradable. Está dirixido este espectáculo a nenos de 5 anos en diante ou a menores acompañados polos seus pais.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 19 de Maio de 2010 ás 14:58 horas

Ponteareas e La Orotava confeccionarán unha alfombra floral na Praza do Obradoiro

Na noite do sábado, 22 de maio, Ponteareas e La Orotova (Tenerife) realizarán, de xeito conxunto, unha alfombra floral na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, respondendo á invitación formulada pola Sociedade de Xestión do Xacobeo e como parte da intensa campaña de promoción da Festa do Corpus Christi de Ponteareas que desenvolve o Concello neste ano que ostenta a categoría de Festa de Interese Turístico Internacional.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 19 de Maio de 2010 ás 15:02 horas

Comezan as obras de mellora da Avenida de Castelao

O alcalde, Salvador González Solla, vén de dar conta do inicio dos traballos de mellora de beirarrúas da Avenida de Galicia -PO-403- no treito comprendido entre o coñecido como Cruce de Mondariz, na N-120 e o cruce de Salvaterra, nas inmediacións do CEIP Bouza Brey.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 18 de Maio de 2010 ás 14:24 horas

Máis de 300 participantes na marcha popular do Día da Bicicleta

Onte luns 17 de maio, Dia das Letras Galegas, a Concellería de Deportes celebrou o Día da Bicicleta, que patrocina a Deputación Provincial, cunha marcha popular a Mondariz Balneario que tivo a saída e a chegada na Praza Maior de Ponteareas e que contou coa participación de mais de 300 ciclistas.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 18 de Maio de 2010 ás 13:57 horas

Actividades realizadas o Día das Letras Galegas

Dende o venres 14 de maio, o Concello, a través das Concellería de Cultura e de Deportes que dirixen Andrés Sampedro Fernández e Alberto Novoa, respectivamente, desenvolveu un amplo programa de actividades co gallo de conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Uxío Novoneyra.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 13 de Maio de 2010 ás 19:55 horas

Presentada a fase zonal da Copa do Futuro de Fútbol Base

Esta mañá presentouse unha nova edición da Copa do Futuro de Fútbol Base que se celebrará o sábado 15 e o domingo 16, no Campo de Fútbol de herba sintética de Pardellas. O acto de presentación correu a cargo do alcalde, Salvador González Solla, o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa, o responsable de Deportes da Deputación Provincial, Fran Teixeira e o representante da empresa organizadora, Bernardo Acebedo.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 13 de Maio de 2010 ás 19:59 horas

O inmobles afectados polo Parque Empresarial serán rústicos ata a aprobación do Plan Sectorial

O alcalde, Salvador González Solla, reuniuse hoxe coas Asociacións de Veciños de Cristiñade e Guláns e coa Asociación de Afectados polo Parque Empresarial Val do Tea, para darlles conta das xestións realizadas perante a Xerencia Territorial do Catastro, de cara a que reconsiderase a valoración catastral dos terreos afectados.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 12 de Maio de 2010 ás 20:19 horas

O luns 17 ás 10:00 horas Marcha Ciclista a Mondariz Balneario

O vindeiro luns, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase o Día da Bicicleta coa xa tradicional marcha popular a Mondariz Balneario, con saída da Praza Maior ás 10:00 horas, para maiores de 8 anos. Para os menores haberá actividades infantís, polo que tamén poden levar as súas bicicletas e participar nas xincanas e xogos. Ao remate haberá sorteo de bicicletas, cascos, camisetas, etc…..

Ir arriba

Mércores, 12 de Maio de 2010 ás 20:09 horas

Continuan as actividades do Mes de Maio, Mes das Letras

O Servizo de Normalización Lingüística continúa coas actividades do Mes de Maio, Mes das Letras, dirixindo as súas actividades tanto aos cativos coma aos adultos.
Venres 14, ás 17:30 horas, a Biblioteca Municipal será escenario da actividade Dada o Duende”, unha sesión chea de contos para os nenos de 5 a 10 anos.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 12 de Maio de 2010 ás 18:51 horas

Ribadetea contará cun novo depósito de auga de 300.000 litros

A parroquia de Ribadetea contará, en breve, cun novo depósito de auga cunha capacidade de 300.000 litros, para o que se destina unha partida orzamentaria superior aos 95.000 euros, que reforzará o servizo de abastecemento de auga potable e se realiza ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais da Xunta de Galicia.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 11 de Maio de 2010 ás 18:20 horas

O alcalde manifesta que o BNG non sabe distinguir unha visita institucional dunha visita de partido

Ante as declaracións do portavoz do BNG, feitas no día de onte, o alcalde, Salvador González Solla, manifestou que “o verdadeiramente lamentable é o feito de que o portavoz do BNG non saiba distinguir unha visita institucional dunha visita de partido, algo que non sorprende, por canto no tempo que estivo o BNG no goberno bipartito da Xunta, nunca conseguiu facer tal distinción”.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 11 de Maio de 2010 ás 18:05 horas

Xuntanza da concelleira de persoal cos sindicatos e comité de empresa

A Concelleira de Persoal, Isabel González Lago, mantivo unha reunión de traballo, o pasado día 7 de maio, cos representantes de CC.OO, CIG e UXT; delegados de persoal e Comité de Empresa do Concello, de cara a matizar temas relativos a Relación de Postos de Traballo (RPT) e á consolidación de postos de traballo.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 11 de Maio de 2010 ás 17:47 horas

Alfombra floral na festa da Nosa Señora da Rosa de Monçao

Ponteareas volveu a ser protagonista na localidade portuguesa de Monçao, cunha delegación encabezada polo alcalde, Salvador González Solla, e polo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, acompañados por un grupo de veciños que confeccionaron unha alfombra na noite do sábado.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 10 de Maio de 2010 ás 18:53 horas

Inaugurado o Monumento ao Ciclismo coa asistencia de Miguel Indurain, Oscar Pereiro, Alvaro Pino, ..

As 18:30 horas do sábado, tivo lugar o acto oficial de inauguración do Monumento ao Ciclismo, situado na glorieta de confluencia da Rúa Real e da Avenida de Galicia, que a pesar da choiva, contou cunha máis que salientable asistencia de veciñas e veciños, e no que Álvaro Pino dirixiu unhas palabras aos presentes para destacar o significado que tiña este monumento para todos os ponteareáns.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 10 de Maio de 2010 ás 18:38 horas

O venres presentouse o libro de Estanislao Fernández de la Cigoña

O salón de Plenos da Casa do Concello, acolleu o pasado venres, 7 de maio, o acto de presentación do libro de Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, titulado “Os marmoristas-construtores” de tumbas dos séculos XIX e XX (Camposanto de Ponteareas).Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 10 de Maio de 2010 ás 18:43 horas

A concellería de alumeado investirá máis de 338.000 euros en melloras

A concellería de Alumeado, que dirixe Domingo Freitas Dalmeida, investirá un total de 338.798 euros na mellora do alumeado público en distintos puntos do casco urbano, amais de barrios da parroquia de Guláns, que tiñan carencia neste servicio básico.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 04 de Maio de 2010 ás 13:45 horas

As actividades do Mes de Maio, Mes das Letras, comezan o venres

O venres 7 de maio, ás 17:30 horas na Biblioteca Municipal, os máis cativos poderán gozar do espectáculo de maxia “A maxia dos soños”. Ese mesmo día, ás 20:30 horas, o Salón de Sesións da Casa do Concello será escenario da presentación do libro de Estanislao Fernández de la Cigoña, que versará sobre os marmoristas que traballaron nos Cemiterios de Ponteareas: os Fontán e os Quinteiro.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 04 de Maio de 2010 ás 13:27 horas

Presentación das actividades do Mes de Maio, Mes das Letras

Na mañán de hoxe martes, o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, presentou as actividades que o Servizo de Normalización Lingüística, ten programado durante o que deu en denominar “Mes de Maio, Mes das Letras”, que xa principiaron coa campaña de etiquetado galego no comercio e que continúa con actividades durante todo o mes.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 03 de Maio de 2010 ás 13:07 horas

A concellería de Educación inviste máis de 200.000 euros nos colexios

A Concellería de Educación, que dirixe José Iglesias Fernández, vén de adxudicar obras por importe de 201.262 euros para a realización de traballos nos colexios de Ponteareas, ao abeiro do “Programa de Instalacións Auxiliares e Deportivas en Centros Escolares”.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 29 de Abril de 2010 ás 15:09 horas

Unha delegación do Tibet asistirá ao III Congreso Internacional de Arte Efímero

Os concelleiros de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, e de Deportes, Alberto Novoa, mantiveron unha reunión co director da Casa do Tibet de Barcelona, Thueten Wang Chen, aproveitando a presenza deste na Abadía do Pelouro en Caldelas de Tui.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 29 de Abril de 2010 ás 15:03 horas

O sábado 8 de maio, inauguración do Monumento ao Ciclismo

O sábado 8 de maio, terá lugar ás 18:30 horas a inauguración do Monumento ao Ciclismo, situado na glorieta de confluencia da Rúa Real e a Avenida de Galicia, coa asitencia do penta campión do Tour de Francia e bicampión do Giro de Italia, Miguel Indurain.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 29 de Abril de 2010 ás 15:01 horas

Vehículos agrícolas pasaron a ITV en Ponteareas

Unha unidade móbil da empresa Supervisión e Control, concesionaria en Galicia para a Inspección Técnica de Vehículos, estivo no día de onte en Ponteareas pasando a ITV dos vehículos agrícolas que estiveran obrigados a realizar dito trámite.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 26 de Abril de 2010 ás 14:38 horas

Comezaron as obras de dotación de servizos da Casa Cultural de Arcos

O Goberno Local vén de adxudicar e contratar as obras de dotación de Servizos para a Casa Cultural de Arcos, que contarán cun orzamento de 114.533, 97 euros, e que a dotarán dos servizos necesarios para a súa posta en funcionamento, amais do acondicionamento do entorno exterior.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 26 de Abril de 2010 ás 13:49 horas

O club A.C.S.M. Agencia Marítima, campión da Liga de Baloncesto

Esta fin de semana, o pavillón Municipal de Deportes acolleu a fase final da Liga Zonal B Senior Masculina, unha cita que permitiu aos afeccionados gozar dunha grande mañá de baloncesto, na que o ACSM Agencia Marítima proclamouse campión ao vencer ao C.B. TUI por 64-43.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 26 de Abril de 2010 ás 14:21 horas

A concellería de Vías e Obras mellora os accesos ao monte da Picaraña

A concellería de Vías e Obras realiza, nestes días, diversos traballos de mellora dos accesos ao monte da Picaraña onde, a vindeira fin de semana, terá lugar a tradicional Romaría na que se dan cita centos de persoas chegadas dende todos os puntos do municipio.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 23 de Abril de 2010 ás 12:37 horas

O domingo celébranse as finais da liga de baloncesto

Este vindeiro domingo, o Pavillón Municipal dos Deportes, acollerá a partires das 11:00 horas, os partidos da Fase Final da liga de baloncesto correspondente a Categoría Senior Masculino División B. As 11:00 horas xogarán o 3º e 4º posto o C. B. Vigo A.M. e o Ademar, e ás 12:30 horas será a final entre o C. B. Tui B e o A.C.S.M. Agencia Marítima.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 21 de Abril de 2010 ás 14:09 horas

Homenaxe a figura do pintor Roxelio Lorenzo o vindeiro sábado

A concellería de Cultura organiza, para este vindeiro sábado, 24 de abril, unha serie de actos encamiñados a homenaxear a figura do pintor ponteareá Roxelio Lorenzo, no que o alcalde, Salvador González Solla, cualificaba como “saldar unha débeda histórica cun dos fillos deste municipio que, a través da pintura, levou o nome do seu pobo por moi diversos lugares”.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 21 de Abril de 2010 ás 15:08 horas

A pegada de carteis en fachadas ou mobiliario urbano será sancionada

O Goberno Local iniciará con carácter inmediato unha campaña de sensibilización cuxo obxectivo é o cumprimento da normativa municipal de limpeza viaria aprobada en pleno no ano 2005, polo que será sancionadas as pegadas de carteis en fachadas e mobiliario urbano.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 21 de Abril de 2010 ás 15:00 horas

Habilitada unha zona de acampada para a romaría da Picaraña

Ante a inminente celebración, o vindeiro 1 de maio, do tradicional Día da Picaraña, o Concello de Ponteareas quere poñer en coñecemento de todos os mozos e mozas que habitualmente acampan na zona dende a noite anterior, que vén de habilitar o albergue xuvenil da Picaraña, como zona gratuíta de acampada.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 21 de Abril de 2010 ás 14:57 horas

Campamentos de verán da Deputación Provincial

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), dependente da Concellería de Cultura, quere poñer en coñecemento de todos os interesados/as que ata o vindeiro día 4 de maio, estará aberto o prazo para participar nos campamentos de verán que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra e que se desenvolven na Lanzada.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 19 de Abril de 2010 ás 14:41 horas

Gran xornada de Natación na Piscina Municipal

Onte domingo 18 de abril celebrouse na Piscina Municipal de Ponteareas o XI Trofeo Amizade e o II Trofeo á mellor marca FINA Concello de Ponteareas, coa participación de 246 nadadores de clubs galegos e organizado polo Club Natación Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 19 de Abril de 2010 ás 14:29 horas

Gran éxito da Copa de España de Ciclismo

O concello de Ponteareas foi escenario, onte domingo, da disputa da Copa de España de Ciclismo “Gran Premio Deputación de Pontevedra”, proba na que participaban os 25 mellores equipos de España e na que resultaron vencedores Raúl Alarcón na categoría Élite e Victor Cabedo na categoría Sub 23.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Luns, 19 de Abril de 2010 ás 14:33 horas

Inaugurada a Casa Cultural de San Mateo de Oliveira

O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, inauguraron o pasado sábado, a Casa Cultural de San Mateo, nun acto no que tamén estaban presentes o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e concelleiros da Corporación Municipal ponteareá.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Luns, 19 de Abril de 2010 ás 14:52 horas

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo volve a gañar o Certamen Zonal

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo volveu a acadar o 1º Premio no III Certame Zonal de Bandas de Música, que organiza a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e que nesta ocasión celebrouse o pasado sábado día 17 de abril, no Teatro da Área Panorámica de Tui.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 16 de Abril de 2010 ás 21:46 horas

Comezou o curso de Ofimatica para autónomos e empregados de Pymes

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alberto Novoa, inaugurou na tarde de onte o curso Básico de Ofimática e uso de Windows, dirixido a traballadores e traballadoras de PEMES en activo e autónomos, organizado pola concellería de novas Tecnoloxías do Concello de Ponteareas e impartido por Academia Postal, curso que se desenvolverse ao abeiro do Fondo Social Europeo (FEDER).Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 16 de Abril de 2010 ás 14:55 horas

Rematada a reconstrución do cruceiro da parroquia de Angoares

No día de hoxe remataron as obras de reconstrución do Cruceiro de Angoares que resultara seriamente danado, logo de que fora arremetido por un vehículo. Os traballos desenvolvidos non son doados, xa que fixeron precisa a contratación dunha empresa homologada por Patrimonio.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 16 de Abril de 2010 ás 14:42 horas

Presentado o XI Trofeo Amizade - II Trofeo Concello de Ponteareas de Natación

O Salón de Plenos acolleu onte xoves, o acto oficial de presentación da XI edición do Trofeo Amizade de natación “II Trofeo Concello de Ponteareas” que este domingo, 18 de abril, terá lugar na Piscina Municipal e contará coa participación de máis de 240 nadadores.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 16 de Abril de 2010 ás 14:36 horas

Recuperada unha fonte e un lavadoiro na parroquia de Celeiros

A Concellería de Vías e Obras que dirixe o Tenente de Alcalde, Juan Carlos González Carrera, vén de dar por rematados diversos traballos realizados na parroquia de Celeiros. As obras consistiron na recuperación dun lavadoiro e dunha fonte situados no lugar onde se desenvolve a tradicional Xuntanza Cabalar.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 15 de Abril de 2010 ás 19:41 horas

Cultura subvenciona con 50.000 euros o III Congreso Internacional de Arte Efímera

O alcalde, Salvador González Solla e o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asinaron onte no Salón de Plenos, o convenio de colaboración polo que a administración autonómica fará unha achega de 50.000 euros para a celebración, na Vila do Tea, do III Congreso Internacional de Arte Efímera.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Xoves, 15 de Abril de 2010 ás 19:04 horas

O Conselleiro de Cultura inaugurará o sábado 17 a Casa Cultural de San Mateo de Oliveira

O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, e o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, inaugurarán o sábado, 17 de abril, as 18:00 horas, a Casa Cultural de San Mateo de Oliveira, unha instalación que permitirá adecuar a oferta sociocultural ás necesidades dos habitantes desta parroquia.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 14 de Abril de 2010 ás 14:56 horas

Presentación da Copa de España de Ciclismo

O Salón de Plenos do Casa Consistorial acolleu, ao mediodía de hoxe, o acto oficial de presentación aos medios de comunicación, da Copa de España de Ciclismo “Gran Premio Deputación de Pontevedra” que se celebrará o vindeiro domingo, 18 de abril, con saída e meta na rúa Vidales Tomé de Ponteareas.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Mércores, 14 de Abril de 2010 ás 14:51 horas

O domingo na piscina municipal celébrase o Trofeo Amizade

A Piscina Municipal de Ponteareas será escenario, este domingo 18 de abril, da XI edición do Trofeo Amizade de natación “II Trofeo Concello de Ponteareas”. As probas disputaranse en horario de mañá e tarde, -as 11:00 horas e 17:00 horas respectivamente.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 14 de Abril de 2010 ás 18:24 horas

O escritor Juán José Lago Pereira presenta o seu último libro

O Salón de Plenos da Casa do Concello acollerá este vindeiro venres, 16 de abril, a partir das 20:30 horas, o acto de presentación da terceira novela do escritor vigués, afincado en Ponteareas, Juan José Lago Pereira.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 14 de Abril de 2010 ás 18:16 horas

Substraídos 300 metros de tendido eléctrico en Moreira

O Concelleiro de Alumeado, Domingo Freitas Dalmeida, vén de denunciar a subtracción de máis de 300 metros lineais de tendido eléctrico de cobre na parroquia de Moreira, un feito que, segundo todos os indicios, tería acontecido de noite, co alumeado acendido.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 14 de Abril de 2010 ás 18:12 horas

Vías e Obras mellora a rede viaria de Celeiros

A Concellería de Vías e Obras que dirixe o Primeiro Tenente de Alcalde, Juan Carlos González Carrera, desenvolve nestes días traballos de mellora da rede municipal de estradas na parroquia de Celeiros.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 14 de Abril de 2010 ás 14:11 horas

Campaña de etiquetado galego no comercio ponteareán

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, xuntamente co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Val do Tea, presentaron onte, día 13 de abril, a súa campaña de difusión do galego no sector do comercio ponteareán.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 14 de Abril de 2010 ás 10:30 horas

Acto de homenaxe aos traballadores municipais xubilados

O xoves 15 de abril, ás 20:30 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, celébrase un acto de homenaxe aos traballadores e traballadoras do Concello, xubilados entre os anos 2005 e 2010.

Ir arriba

Mércores, 14 de Abril de 2010 ás 10:23 horas

Concello e Xunta de Galicia asinarán hoxe un convenio de colaboración do III Congreso Internacional

O delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, asinarán hoxe mércores, 14 de abril, ás 20:00 horas, un convenio de colaboración entre ámbalas dúas administracións que posibilitará a celebración do III Congreso Internacional de Arte Efímera.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 09 de Abril de 2010 ás 14:57 horas

Xuntanza cos colectivos de Xinzo, Arnoso e Areas para supervisar as obras de saneamento

O alcalde, Salvador González Solla, e o responsable de Augas de Galicia da Demarcación de Galicia Sur, Francisco Alonso, reuníronse o xoves, no Salón de Plenos do Concello, cos colectivos veciñais de Xinzo, Arnoso e Areas, para darlles a coñecer o estado actual da cuarta fase do saneamento, a piques de rematar.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 09 de Abril de 2010 ás 14:55 horas

As obras de saneamento da Freixa están a piques de rematar

Continúan a bo ritmo as obras de saneamento que se están a realizar no colector da Freixa e que, segundo o Concello, estarán rematadas en breve. Estes traballos de instalación do novo colector permitirán unha sensible mellora medio ambiental de toda a zona.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 09 de Abril de 2010 ás 14:50 horas

Salvador González Solla replica as declaracións de José Castro Alvarez

O alcalde, Salvador González Solla, saíu hoxe ao paso das manifestacións realizadas aos medios de comunicación polo ex alcalde José Castro Álvarez, nas que este salientaba que pedirá a revisión da súa condena de inhabilitación ante feito de que, os contratos que deron lugar a esa condena, sexan recoñecidos como legais polo actual concello de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 07 de Abril de 2010 ás 19:19 horas

O CDL impartiu no ano 2009 máis de 3.200 horas lectivas en cursos

O Centro de Desenvolvemento Local (CDL) dependente da Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, que dirixe Rosemary Rodríguez Ogando, impartiu durante o pasado ano, 3.265 horas lectivas en accións formativas dirixidas, especificamente, as persoas en situación de desemprego, segundo se desprende do balance de actuación, feito público no día de hoxe.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 07 de Abril de 2010 ás 19:04 horas

Inaugurada a exposición Obradoiros fronte o cambio climático

O alcalde, Salvador González Solla, inaugurou no Centro Artístico Sportivo, a exposición que baixo o título “Obradoiros fronte o Cambio Climático” desenvólvese ao abeiro do programa SOStendo que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 07 de Abril de 2010 ás 19:00 horas

A Biblioteca celebrará o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

A Biblioteca Municipal conmemorará o venres 9 abril ás 18:00 horas o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cun encontro entre o escritor e ilustrador Anxo Fariña Temprano e nenos e nenas de 5 a 8 anos.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 07 de Abril de 2010 ás 18:53 horas

A OMIX organiza en abril e maio o 2º Obradoiro de Pilates

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Xuventude que dirixe Andrés Sampedro Fernández, vén de anunciar o inicio dun novo Obradoiro de Pilates que desenvolverá as súas actividades, na Sala de Usos Múltiples da Biblioteca Pública Municipal, durante todos os xoves dos meses de abril e maio.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 07 de Abril de 2010 ás 18:50 horas

O domingo en Xinzo celébrase o Campionato Provincial de Tiro COMPAK SPORTING

O vindeiro domingo 11 de abril, a partires das 9:00 horas, celebrarase no campo de tiro “Eido Dalbo” da parroquia de Xinzo a XI edición do Campionato Provincial de Tiro ao Prato na especialidade “Compak Sporting”, baixo a organización da federación Galega de Caza de Pontevedra, coa colaboración do clube de tiro “Eido Dalbo” de Xinzo e do concello de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 05 de Abril de 2010 ás 14:20 horas

O 8 de abril obradoiros de concienciación do cambio climático

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Víctor Sebastián, a través do Centro de Educación Medioambiental “Castelo de Sobroso” e en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, desenvolverá o 8 de abril un obradoiro para adultos e outro para menores incluídos dentro da iniciativa “Obradoiros Fronte ao Cambio Climático” que se desenvolve ao abeiro do programa SOStendo.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 31 de Marzo de 2010 ás 14:53 horas

Curso de Informática para traballadores de PEMES e autónomos

A concellería de Novas Tecnoloxías vén de convocar un Curso Básico de Ofimática e uso de Windows, dirixido a traballadores e traballadoras de PEMES en activo e autónomos. O Curso, que ten carácter gratuíto, será impartido por Academia Postal e desenvolverse ao abeiro do Fondo Social Europeo (FEDER).Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 31 de Marzo de 2010 ás 14:44 horas

Comezan os traballos previos para o saneamento do Regato da Venda

O alcalde, Salvador González Solla e técnicos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, reuníronse o pasado martes no Salón de Actos da Casa Consistorial, cos propietarios dos terreos afectados polo proxecto de saneamento do río Canedo - Regato da Venda.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 31 de Marzo de 2010 ás 14:18 horas

O investimento en casas culturais pasa dos 4 millóns de euros

O Alcalde, Salvador González Solla, fixo hoxe o balance das actuacións que, en materia de dotación e mellora de infraestruturas culturais, leva desenvolvido o Goberno Local de cara a que, “todos as veciñas e veciños, teñan acceso a este tipo de instalacións independentemente do seu lugar de residencia”.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 31 de Marzo de 2010 ás 14:13 horas

Comezaron as obras de reforma do Centro Cultural de Xinzo

O Centro Cultural de Xinzo é obxecto, dende esta semana, de diversas obras de rehabilitación nas que o Concello realizará un investimento de 22.300 euros e que teñen por obxecto, eliminar as humidades que actualmente ten esta dotación cultural.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 30 de Marzo de 2010 ás 11:40 horas

Xornada de achegamento á figura de Fermín Bouza Brey

O Concello, a través da Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro, celebrou no día onte luns, 29 de marzo, unha Xornada de Achegamento á figura de Fermín Bouza Brey co obxectivo de homenaxear e difundir a obra e figura do ilustre escritor ponteareán.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 30 de Marzo de 2010 ás 18:18 horas

O luns rematou con gran éxito a Sobroso Party 2010

A VII Sobroso Party celebrada esta fin de semana no Pavillón de Deportes, confirmouse como unha auténtica festa das novas tecnoloxías. Cursos de fotografía dixital, deseño gráfico, obradoiros e charlas sobre novas tecnoloxías, consolidan a Party ponteareá, como a cita máis importante dos amantes da informática no sur de Galicia.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 30 de Marzo de 2010 ás 11:37 horas

A Xunta de Goberno aprobou expedientes de contratación de obras por 831.000 euros

A Xunta de Goberno Local, na súa reunión do 22 de marzo, vén de aprobar diversos Expedientes de Contratación para obras por un importe superior aos 831.000 euros. As obras son as seguintes:
Pretratamento do proceso biolóxico e calidade da auga tratada na EDAR. Casa Cultural de Fozara. Casa Cultural de Moreira. Obras de mellora do Centro Social. Ampliación da Rede Wifi Municipal. Mellora da rede informática municipal. Obras de abastecemento de augas nas parroquias de Areas, Arnoso, Xinzo e Ribadetea.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 30 de Marzo de 2010 ás 18:23 horas

A concellería de Servizos Sociais continúa eliminando barreiras arquitectónicas

A Concellería de Servizos Sociais que dirixe o Tenente de Alcalde, Juan Carlos González Carrera, en colaboración coa Concellería de Educación de José Iglesias Fernández, vén de realizar obras na Escola de Ribadetea, de cara a facilitar o acceso ao centro a unha nena que padece unha minusvalía física que fai precisa a utilización dunha cadeira de rodas.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 25 de Marzo de 2010 ás 21:24 horas

Reunión cos colectivos de Xinzo, Arnoso e Areas para presentar a 5ª fase do saneamento

O alcalde, Salvador González Solla, reuniuse cos colectivos veciñais de Xinzo, Arnoso e Areas, para darlles a coñecer o borrador do proxecto da quinta e última fase do saneamento as súas parroquias. No decurso da reunión, o alcalde entregoulles aos representantes dos veciños, copias dese borrador para o seu estudo e valoración.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 25 de Marzo de 2010 ás 10:49 horas

Os ciclomotores poderán pasar a ITV en Ponteareas o día 26 de marzo

 Unha unidade móbil da empresa Supervisión e Control, concesionaria en Galicia para a Inspección Técnica de Vehículos, desprazarase a Ponteareas o vindeiro 26 de marzo, venres, para que os veciños propietarios de ciclomotores de dúas rodas, e con máis de tres anos de antigüidade poidan pasar a inspección á que están obrigados.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 23 de Marzo de 2010 ás 15:02 horas

O goberno local aproba a contratación de 691.000 euros en obras

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do luns 8 de marzo, aprobou os Expedientes de Contratación e Licitación de diversas obras cun importe superior aos 691.000 euros.
Centro Cultural de Arcos
Instalación de sistemas de biomasa e enerxía solar na piscina municipal
Mellora do abastecemento de auga na rúa Ferreiros.
Construción dun novo depósito de auga na parroquia de Paredes.
Instalacións deportivas nos colexios.
Mellora do Centro Cultural e Axencia de Lectura de Xinzo.
Adecuación dun local social para o club de fútbol Cultural de Areas.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 22 de Marzo de 2010 ás 20:00 horas

Posta en marcha do novo depósito e da rede de abastecemento de auga das Cortellas

O sábado comezou a funcionar o novo depósito de auga potable e rede de abastecemento de auga para o barrio das Cortellas, na parroquia de Padróns, unha obra que contou cun investimento de 145.000 euros (82.500 de inversión pública e 62.500 de aportación veciñal).Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Luns, 22 de Marzo de 2010 ás 19:52 horas

A Freixa contará con saneamento e un novo alumeado público cun investimento de 189.000 euros

Continúan a bo ritmo as obras de saneamento, que as empresas adxudicatarias das mesmas, realizan no entorno da Freixa e que permitirán contribuír a mellora medio ambiental da zona. Tamén se renovará todo o alumeado público coa instalación de 70 puntos de luz e 2.400 metros de cable conductorLer mais ...

Ir arriba

Xoves, 18 de Marzo de 2010 ás 14:38 horas

Os escolares descubren a figura de Fermín Bouza Brey

Máis de 250 alumnos de Ensino Secundario de todos os centros educativos de Ponteareas puideron descubrir a figura do ponteareán Fermín Bouza Brey ao longo deste mes de marzo, grazas a un proxecto de difusión da figura do escritor levado a cabo polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 18 de Marzo de 2010 ás 14:30 horas

O luns comezan os cursos de galego CELGA

O vindeiro luns, 22 de marzo, comezan os cursos de galego Celga, organizados polo Servizo de Normalización Lingüística, dependente da Concellería de Cultura, e no que participarán 60 persoais, en varios niveis (Celga 1 e Celga 4), programados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Concello.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 18 de Marzo de 2010 ás 14:18 horas

Continuan os preparativos da VII edición da SOBROSO PARTY

A falta de pequenos detalles, todo está preparado para que o venres, 26 de marzo, comece a súa andaina unha nova edición da Sobroso Party convertida nunha das citas máis importantes que teñen os amantes de internet, a informática e as novas tecnoloxías no sur de Galicia.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 18 de Marzo de 2010 ás 14:16 horas

Presentados os proxectos da Senda do Tea e do acondicionamento do Castro de Troña

O Concello vén de presentar perante da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) dous proxectos -”Senda do Tea” e “Acondicionamento do Castro de Troña”- a realizar ao abeiro dos Programa Dinamizador de Areas Rurais de Galicia 2008-2013.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 18 de Marzo de 2010 ás 14:09 horas

Presentada a V Fase do saneamento de Xinzo, Arnoso e Areas

O alcalde, Salvador González Solla, reuniuse cos colectivos veciñais de Xinzo, Arnoso e Areas, para darlles a coñecer o borrador do proxecto da quinta e última fase do saneamento as súas parroquias. No decurso da reunión, entregoulles copias dese borrador para o seu estudo e valoración.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 18 de Marzo de 2010 ás 14:05 horas

Xuntanza co presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

O alcalde, Salvador González Solla, reuniuse esta semana en Ourense, co presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Fernández Liñares, e con técnicos Confederación para tratar temas de grande interese para o concello ponteareán.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 18 de Marzo de 2010 ás 10:17 horas

Visita do alcalde ao alumnos da Escola de Alfombristas

O alcalde, Salvador González Solla, acompañado polo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, visitou esta pasada fin de semana, a Escola de Alfombristas que, dirixida aos nenos e nenas de Ponteareas, desenvolve as súas actividades no Centro Artístico Sportivo baixo a dirección de Ángeles Fernández Lago.Ler mais ...

Ir arriba

Exposición : Galicia, sus heroes y Napoleón

O sábado 13 de marzo, Ponteareas reviviu por uns instantes, os tempos da Guerra da Independencia, e o facía ao abeiro dos actos organizados pola “Asociación Provincial Héroes de la Guerra de la Independencia 1809 Pontevedra”.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 17 de Marzo de 2010 ás 15:07 horas

Continuan as obras de saneamento na zona da Freixa

Continúan a bo ritmo as obras de saneamento da “Freixa II” e do colector ata a estación de bombeo de Pardellas, que as empresas adxudicatarias das mesmas, realizan no entorno da Freixa e que permitirán contribuír a mellora medio ambiental da zona.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 17 de Marzo de 2010 ás 15:04 horas

Fomento realiza obras de mellora no tramo urbano da N-120

O alcalde, Salvador González Solla, vén de amosar a súa satisfacción polas obras, co Ministerio de Fomento, desenvolve na estrada Nacional 120 e que permitirán que este treito de estrada, de carácter case que urbano, poida contar coas condicións de seguridade esixibles a este tipo.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 17 de Marzo de 2010 ás 15:02 horas

ASPRODICO contará cun Centro de Día

A concelleira delegada de Asprodico, Raquel Bautista Álvarez, e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro delegado de Servizos Sociais, Juan Carlos González Carrera, visitaron as obras realizadas na planta baixa do Centro ASPRODICO, de cara a súa conversión nun Centro de Día para persoas con minusvalías físicas ou psíquicas cunha superficie o redor dos 500 metros cadrados.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 15 de Marzo de 2010 ás 13:57 horas

Obras de mellora no campo de fútbol de San Mateo de Oliveira

Con un investimento de 33.000 euros incluidos no Plan Provincial de Investimentos da Deputación Provincial, comezaron as obras de mellora do campo de fútbol “Cruceiro” de San Mateo de Oliveira, onde disputa os seus partidos como local o Sporting Club San Mateo de fútbol feminino.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 15 de Marzo de 2010 ás 10:48 horas

Preto de 350 escolares participaron nas visitas ao Museo e Biblioteca

O Concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, amosou a súa satisfacción pola participación de preto dos 350 escolares, no programa “Achegando á Biblioteca e o Museo aos máis cativos”, que tiña por obxectivo dar a coñecer, mediante visitas guiadas, as instalacións do Museo e Biblioteca Municipal aos escolares de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Sábado, 13 de Marzo de 2010 ás 20:01 horas

Visita da secretaria xeral de Familia e Benestar

O martes 9 de marzo, a secretaria xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia, Susana López Abella era recibida na casa do Concello polo alcalde, Salvador González Solla e membros do equipo de goberno, ao comezo da visita que a Secretaria Xeral realizou a distintas instalacións de Servizos Sociais.Ler mais ...

Ir arriba

Sábado, 13 de Marzo de 2010 ás 19:56 horas

Xuntanza co director xeral de Mobilidade

O Tenente de Alcalde e Concelleiro delegado de Trafico e Seguridade Cidadá do Concello de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, reuniuse co Director Xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarin, e a directiva da asociación de Taxistas de Ponteareas, presidida por Luís Peña.Ler mais ...

Ir arriba

Sábado, 13 de Marzo de 2010 ás 19:45 horas

Remataron os cursos de formación para os comerciantes do Mercado

Coa presencia do Alcalde, esta semana remataban os cursos que, sobre innovación, novas técnicas de promoción de venda e orientación ao cliente, organizaban a Cámara de Comercio de Vigo e o Concello de Ponteareas para os comerciantes do Mercado Municipal.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 12 de Marzo de 2010 ás 13:21 horas

A OMIX informa dos campamentos de verán da Xunta de Galicia

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), dependente da Concellería de Xuventude, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, ven de anunciar que ata o vindeiro día 22 de marzo esta aberto o prazo para inscribirse nos Campamentos de Verán 2008 que organiza a Xunta de Galicia. A iniciativa está dirixida ás rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 9 e 17 anos.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 11 de Marzo de 2010 ás 20:25 horas

Conferencia e exposición sobre os héroes da Guerra da Independencia

O Concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, e o presidente da “Asociación Provincial Héroes de la Guerra de la Independencia 1809 Pontevedra”, Tino Viéitez, presentaron na mañá de hoxe en rolda de prensa os actos a asociación desenvolverá en Ponteareas de cara a “manter viva a memoria do pasado xa que sen ela, non teremos respecto no futuro”.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 11 de Marzo de 2010 ás 14:13 horas

Manifesto do 8 de marzo, Día Internacional da Muller

O Concello de Ponteareas, a través do Departamento da Muller, organizou o luns un acto que tiña como obxectivo celebrar a Xornada da Muller Traballadora, e consistiu na lectura dun manifesto, levado a cabo por Rosa María Tebar, no que se falaba da situación actual da muller traballadora, e se apuntaban posibles solucións.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 11 de Marzo de 2010 ás 14:08 horas

Os bombeiros relizaron en febreiro 62 servizos

O Servizo de Extinción de Incendios fixo público o balance mensual de actuación correspondente ao pasado mes de febreiro. Dos 62 servizos realizados ao longo de todo o mes, todos agás un, tiveron lugar no municipio ponteareán.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 05 de Marzo de 2010 ás 14:33 horas

Campaña de difusión da figura de Fermín Bouza Brey

O alcalde e o concelleiro de Cultura visitaron o I.E.S. “Val do Tea”, dentro da campaña de difusión do escritor Fermín Bouza Brey, para agradecer a súa participación no proxecto que, por segundo ano consecutivo, o Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha para difundir entre os estudiantes a figura do escritor Fermín Bouza Brey.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 05 de Marzo de 2010 ás 14:18 horas

Continuan as melloras das instalacións educativas

A Concellería de Educación, que dirixe José Iglesias Fernández, continua desenvolvendo o Plan Integral de Mellora de Instalacións Educativas, un dos obxectivos prioritarios que se marcaba esta concellería para a actual lexislatura. Nesta semana remataban as obras que se realizaban na pista polideportiva do Colexio Ramiro Sabell Mosquera.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 04 de Marzo de 2010 ás 17:17 horas

O alcalde agradece o compromiso do conselleiro Agustín Hernández con Ponteareas

O alcalde, Salvador González Solla, agradeceu hoxe o compromiso que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández Fernández de Rojas, expresou onte publicamente “co Concello de Ponteareas e con aquelas actuacións que posibiliten o seu desenvolvemento”.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 04 de Marzo de 2010 ás 17:13 horas

Salvador González Solla reuniuse coa plataforma Defendendo o Tea

O alcalde expresou onte á Plataforma “Defendendo o Tea”, no decurso da reunión mantida na Casa do Concello, o seu compromiso decidido “a prol da defensa do río Tea e do seu entorno, tanto como lugar para o ocio e goce das veciñas e veciños, como por supoñer un elemento do patrimonio natural de primeira magnitude”.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 04 de Marzo de 2010 ás 17:06 horas

Continúa o intercambio cultural coa localidade portuguesa de Penafiel

Este vindeiro sábado, a Orquestra Clásica Divertimento e o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, viaxarán á localidade portuguesa de Penafiel para afondar no intercambio cultural que, dende hai tempo, ven desenvolvendo o noso concello coa Cámara Municipal do municipio luso.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 04 de Marzo de 2010 ás 17:01 horas

Rematada a dixitalización da primeira etapa da revista PREGÓN

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, anunciou hoxe o remate dos traballos de dixitalización dos exemplares da primeira etapa (1947-1969) da revista “Pregón”, publicación divulgadora das Festas do Corpus Christi.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 04 de Marzo de 2010 ás 17:30 horas

En tres meses recolleronse 810 litros de aceite de cociña usado

A Concellería de Servizos Comúns, que dirixe Alberto Novoa, fixo o balance de actuación do servizo de Recollida Urbana de aceite de cociña usado, nos primeiros tres de funcionamento. Dende o mes de novembro, en que comezaba a funcionar dito servizo, ata o pasado mes de xaneiro, recollíanse un total de 810 litros de aceite de cociña usado.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 25 de Febreiro de 2010 ás 14:34 horas

O Estado recorta os fondos do concello en máis dun millón de euros

O Concello verá reducidos os fondos que recibe dos Ingresos do Estado en máis dun millón de euros, con respecto á cantidade que recibía no ano 2008, segundo afirmou hoxe o alcalde, Salvador González Solla, quen engadiu que dito recorte está a poñer aos concellos nunha situación límite.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 25 de Febreiro de 2010 ás 14:31 horas

O D.O.G. anuncia hoxe a licitación para adxudicar a obra da ETAP

O Diario Oficial de Galicia de hoxe, recolle a resolución da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto, para a adxudicación do proxecto execución das obras da ETAP de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 25 de Febreiro de 2010 ás 10:45 horas

Difusión da figura de Fermin Bouza Brey nos colexios

A Concellería de Cultura, a través do Servizo de Normalización Lingüística, levará a cabo por segundo ano consecutivo unha campaña de difusión entre o alumnado de Ponteareas da figura do insigne escritor ponteareán Fermín Bouza Brey, afondando na relación entre este e o seu lugar de nacemento.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 22 de Febreiro de 2010 ás 13:46 horas

O Club Natación Ponteareas acadou o campionato galego Master

Os directivos e nadadores do Club Natación Ponteareas foron recibidos e felicitados polo alcalde, Salvador González Solla e o concelleiro de deportes Alberto Novoa o pasado venres con motivo de acadar o Campionato Galego de Natación Máster de Inverno que se celebrou o pasado 24 de xaneiro na piscina de Campolongo en Pontevedra.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Martes, 23 de Febreiro de 2010 ás 13:28 horas

O conselleiro Alfonso Rueda visitou o Parque de Bombeiros

O Concelleiro de Seguridade e primeiro tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, vén de amosar a súa satisfacción pola visita do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, quen, amais de visitar as obras realizadas no casa consistorial, tamén visitou o Parque de Bombeiros onde explicoulle o seu funcionamento e as principais necesidades que agora ten dito servizo.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 19 de Febreiro de 2010 ás 17:42 horas

O conselleiro de Presidencia estivo hoxe en Ponteareas

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, xunto co alcalde ponteareán, Salvador González Solla, o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán e o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, supervisaron hoxe pola mañán as obras realizadas no primeiro e segundo andar da casa do Concello, que foran subvenciondas no seu momento pola Xunta de Galicia sendo daquela Alfonso Rueda, Director Xeral de Administración Local.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 22 de Febreiro de 2010 ás 15:02 horas

O Secretario Xeral para o Deporte reuniuse cos clubs deportivos

O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, aproveitou a súa visita o pasado mércores a Ponteareas para reunirse no Salón de Actos da Casa Consistorial cos directivos dos club deportivos e algúns deportistas do noso concello.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 17 de Febreiro de 2010 ás 20:46 horas

Rematado o circuíto de ximnasia de Pardellas

O Secretarío Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, acompañado do alcalde, Salvador González Solla, e mailo concelleiro delegado de Deportes, Alberto Novoa, e concelleiros do grupo de Goberno, visitaron na tarde de hoxe mércores o Circuíto de Ximnasia de Pardellas.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Xoves, 18 de Febreiro de 2010 ás 14:19 horas

Gran afluencia de público nas actividades do entroido

Os veciños de Ponteareas, e outros moitos chegados dos arredores ateigaron as prazas e rúas da vila no desfile de comparsas organizado o domingo de entroido, e no que participaron as seguintes comparsas: “Asociación de veciños de San Vicente e Canedo”, “O cambio climático”, “Somos o leite”, “Dónde está Wally”, “¿Cándo chega a jubilación?”, “Confarsa municipal”, “De película”, e “Mortadelo e Filemón”.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 16 de Febreiro de 2010 ás 11:20 horas

Curso de Pilates en marzo para xóvenes

A Oficina Municipal de Información Xuvenil, dependente da Concellería de Xuventude que dirixe Andrés Sampedro, e dentro das actividades que periodicamente organiza para os mozos e mozas de Ponteareas, vén de organizar un Obradoiro de Pilates que iniciará as súas actividades o vindeiro mes de marzo.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 12 de Febreiro de 2010 ás 18:51 horas

Programa de actividades do Entroido 2010

Sábado, 13 de febreiro.
A partires das 19:30 horas baile de Entroido na Praza Maior con orquestras.
Domingo, 14 de febreiro.
16:00 horas, Actuación dun grupo de animación infantil na Praza Maior.
17:00 horas, CONCURSO DE COMPARSAS na Praza Maior.
Luns, 15 de febreiro.
17,00 horas, CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES na Praza Maior.
Martes, 16 de febreiro.
19:00 horas, Desfile de comparsas, lectura de coplas, e para rematar entrega de premios.
20:30 horas, Gran chocolatada na Praza Maior.
Mércores, 17 de febreiro.
19:00 horas, Velorio da sardiña no Centro Artístico Sportivo.
20:00 horas, ENTERRO DA SARDIÑA. Saída do C.A. Sportivo e remate na Praza Maior.

Ir arriba

Venres, 12 de Febreiro de 2010 ás 18:39 horas

A Xunta de Galicia aprobou onte as obras da ETAP

O Consello da Xunta autorizou, na súa reunión de onte xoves, a colaboración técnico-financeira da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas co Concello de Ponteareas para a execución do anteproxecto da primeira fase da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), cuxo importe ascende a máis de 1,3 millóns de euros.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 12 de Febreiro de 2010 ás 18:29 horas

Mellora dos abastecementos de auga en San Lourenzo, Santiago, Cumiar, Angoares e Prado

A Xunta de Goberno Local aprobou as obras que se executarán ao abeiro do Plan Provincial de Cooperación (PPC) 2010 da Deputación, que supoñen un investimento de máis de 128.340,73 € dos que a Deputación achegará o 70% (89.835,11 €) e o Concello o 30% (38.502,22 €). Ditas obras mellorarán os abastecementos de auga de San Lourenzo, Santiago, Cumiar, Angoares e Prado.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 12 de Febreiro de 2010 ás 18:19 horas

A Zona Azul ampliase ao entorno do Mercado Municipal

A Concellería de Tráfico, que dirixe o primeiro tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, anunciou a ampliación da Zona Azul gratuíta que xa funcionaba nas rúas Arxentina, Morales Hidalgo, Estrada e parte de Doutor Fdez. de la Vega.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 12 de Febreiro de 2010 ás 18:14 horas

Continuan a bo ritmo as obras de reforma do Auditorio Municipal

O alcalde, Salvador González Solla, visitou onte as obras da reforma integral do Auditorio Municipal onde, por parte do arquitecto responsable das mesmas, recibía as explicacións sobre os traballos que se están a realizar e que suporán un investimento de máis de 1.100.000 euros a aportar pola Deputación Provincial e o propio Concello.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 11 de Febreiro de 2010 ás 19:45 horas

Presentadas as obras do Plan Estatal 2010

O Goberno Local ven de presentar os proxectos a desenvolver dentro do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local. Na relación de obras a realizar este ano, salientan a construcción, rehabilitación e mellora de centros educativos, socioculturais e deportivos, impulso do aforro e eficiencia enerxética no alumeado público, utilización de enerxías renovables en edificios dotacionais, mellora de abastecementos e saneamentos de augas.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 11 de Febreiro de 2010 ás 19:42 horas

Convocadas 5 prazas para axentes da Policía Local

O Concello, segundo recolle o Boletín Oficial do Estado de data 8 de febreiro de 2010, vén de convocar as probas selectivas para a provisión, en propiedade polo sistema de oposición libre, de cinco prazas para a Policía Local.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 09 de Febreiro de 2010 ás 12:45 horas

Visitas guiadas para escolares ao Museo e Biblioteca

A Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro, continuará durante toda esta semana co desenvolvemento do programa didáctico que, baixo o nome de Achegando o Museo e a Biblioteca aos máis cativos, iniciábase a finais da pasada semana e que tenta achegar ámbolos dous servizos aos escolares do municipio.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 08 de Febreiro de 2010 ás 18:36 horas

Comezaron os obradoiros de maquillaxe de entroido para nenos/as

Hoxe luns comezaron a desenvolverse os obradoiros de maquillaxe para nenos e nenas que, durante esta semana, percorrerán todas e cada unha das Axencias de Lectura incluídas na Rede Municipal de Bibliotecas Públicas de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 08 de Febreiro de 2010 ás 18:24 horas

Máis de 700.000 € en cinco novas obras de saneamento do río Tea

O Concello abordará o saneamento do río Tea con cinco novas obras nas que investirá máis de 700.000 euros. O alcalde, Salvador González Solla, afirmou que con estes traballos, “o concello de Ponteareas amosa a súa preocupación pola saúde ambiental do municipio en xeral e do río Tea en particular”.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 05 de Febreiro de 2010 ás 19:07 horas

O Estado reduce a súa achega ao concello en 416.000 euros

O alcalde, Salvador González Solla, lamentou hoxe o recorte dos fondos que os concellos percibirán do Estado en concepto de Participación nos Ingresos do Estado e que, no que a Ponteareas fai referencia, supón unha diminución na achega estatal de máis de 416.000 euros.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 04 de Febreiro de 2010 ás 20:27 horas

A Deputación concedeu onte 190.797 € para 4 obras en Ponteareas

A Deputación Provincial aprobou onte na súa Xunta de Goberno catro subvencións ó Concello de Ponteareas por un importe total de 190.797 euros correspondentes ó Plan de Investimentos.
73.672 € para mellora da instalación eléctrica nos colexios públicos.
37.650 € para a construcción dunha pista de padel no complexo deportivo.
33.063 € para o acondicionamento do campo de fútbol de San Mateo de Oliveira.
46.412 € para suministro de material eléctrico para o alumeado público.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 04 de Febreiro de 2010 ás 20:19 horas

O autobús do programa Libro sobre Rodas tivo preto de 700 visitas

Preto dos 700 rapaces e rapazas, con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos, participaron onte na iniciativa denominada “Libros sobre rodas”, promovida pola Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura e que visitaba Ponteareas no percorrido que, este programa desenvolve por Galicia.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 04 de Febreiro de 2010 ás 18:46 horas

Presentadas as actividades do Entroido 2010

O alcalde, Salvador González Solla e o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, presentaron o programa de actividades a desenvolver no Entroido 2010, que estará dirixido a todos os públicos aínda que nel teñen un especial protagonismo os nenos e nenas.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 02 de Febreiro de 2010 ás 14:09 horas

Detidos os causantes de estragos en 13 vehículos

Os feitos aconteceron ao fío das 04:30 horas do sábado, cando un veciño de Ponteareas alertou á Policía Local de que varias persoas estaban a golpear os espellos retrovisores dos vehículos estacionados na rúa Trobador Xoán García de Guillade.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 01 de Febreiro de 2010 ás 11:20 horas

A Concellería de Servizos Comúns fixo balance do ano 2009

A concellería de Servizos Comúns, que dirixe Alberto Novoa, vén da dar a coñecer o balance de actuación do ano 2009, no que o máis salientable e un incremento no índice de Recollida Selectiva que mellora os datos do ano anterior.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 29 de Xaneiro de 2010 ás 14:11 horas

O sábado ás 11:00 h. Campionato Provincial de Campo a Través

O sábado 30, no Parque “A Visoureira” de Guláns, a partires das 11:00 horas, celebrase o Campionato Provincial de Campo a Través, no que participarán máis de 800 escolares, nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, de idades comprendidas entre 8 e 16 anos.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 28 de Xaneiro de 2010 ás 11:05 horas

Ponteareas participa no programa LIBROS SOBRE RODAS da Xunta

O Concello de Ponteareas será un dos 14 municipios galegos elixido pola Xunta de Galicia para participar na iniciativa denominada “Libros sobre rodas” posta en marcha pola Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 28 de Xaneiro de 2010 ás 10:54 horas

Dous ponteareáns proclamados campións de España de WUSHU

O pasado sábado 23 e o domingo 24 de xaneiro, celebrouse no pavillón “Europa” de Leganés (Madrid), o campionato de España de WUSHU, no que participaron 3 ponteareáns do Centro Deportivo WUDANG, integrados na Selección Galega, que acadaron os seguintes resultados.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 27 de Xaneiro de 2010 ás 18:39 horas

Programa de actividades do Entroido 2010

Programa de actividades do Entroido 2010.Ler mais ...
AdxuntosArquivos adxuntos:

Ir arriba

Luns, 25 de Xaneiro de 2010 ás 14:34 horas

Presentado o Curso de Dirección e Instrumentación para Bandas

O alcalde, Salvador González Solla, o 1º tenente de Alcalde, Juan Carlos Rodríguez Carrera, o director do Conservatorio, José Feliciano Alonso e o profesor Francisco Abal presentaron o “Curso de Dirección e Instrumentación para Bandas de Música” que, dende o martes 26 e ata o sábado 30, desenvolverase no Conservatorio Municipal.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 25 de Xaneiro de 2010 ás 13:57 horas

Comezou a funcionar o novo alumeado público da parroquia de Pías

A parroquia de Pías, conta xa cun novo alumeado público no que se investiron 95.435 euros. Este proxecto foi incluído polo Goberno Local dentro dos fondos que ao Concello lle corresponderon no plan de Fondos Estatais de Investimento Local, ao consideralo de grande importancia para os veciños e veciñas.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 22 de Xaneiro de 2010 ás 13:30 horas

O concelleiro de Turismo presentou a festa do Corpus Christi en FITUR

O concelleiro de Turismo, Andrés Sampedro, acompañado do actor Sancho Gracia e do presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, presentou onte xoves no stand do Padroado de Turismo Rías Baixas na Feira Internacional de Turismo (FITUR), a Festa do Corpus Christi, declarada o pasado ano “Festa de Interese Turístico Internacional”.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Mércores, 20 de Xaneiro de 2010 ás 10:55 horas

Achegando o Museo e a Biblioteca aos máis cativos

A Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro Fernández, vén de poñer en marcha un programa didáctico que, baixo o nome de “Achegando o Museo e a Biblioteca aos máis cativos” tenta achegar ámbolos dous servizos municipais aos escolares do municipio.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 19 de Xaneiro de 2010 ás 13:42 horas

O vindeiro xoves presentase en FITUR a Festa do Corpus Christi 2010

O concelleiro de Turismo, Andrés Sampedro, presentará a Festa do Corpus Christi no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid, “FITUR”, unha das citas máis importantes do sector turístico a nivel internacional.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 18 de Xaneiro de 2010 ás 13:21 horas

Aberto o prazo para asistir ós novos cursos de Galego

O Servizo de Normalización Lingüística, dependente da Concellería de Cultura, quere lembrarlles a todos os veciños e veciñas que xa está aberto o prazo para solicitar a participación nos cursos de galego preparatorios para a obtención dos diferentes niveis de Certificados de lingua galega (Celgas).Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 13 de Xaneiro de 2010 ás 18:18 horas

O delegado territorial da Xunta, Coures Tourís, visitou Ponteareas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe o concello de Ponteareas, para, en compañía do alcalde, Salvador González Solla, coñecer o avance das obras que está a desenrolar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nesta localidade.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 11 de Xaneiro de 2010 ás 18:37 horas

O delegado do Goberno, Antón Louro, visitou Ponteareas

O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, acompañado polo subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, realizou hoxe luns unha visita institucional ao municipio de Ponteareas onde foi recibido polo alcalde, Salvador González Solla, e concelleiros dos Grupos Municipais.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 11 de Xaneiro de 2010 ás 18:05 horas

O escritor Juán José Lago Pereira estará o martes no club de Lectura

O escritor vigués afincado en Ponteareas, Juan José Lago Pereira, participará mañá martes, 12 de xaneiro, na reunión do Club de Lectura da Biblioteca Pública Municipal, na que falará das súas obras Alén das Estrelamares (Premio “El Barco de Vapor” no ano 2000) e El triángulo de Goualougo (Premio PSN de novela curta).Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 08 de Xaneiro de 2010 ás 16:40 horas

A concellería de Alumeado fai un balance moi positivo do ano 2009

O concelleiro de Alumeado, Domingo Freitas Dalmeida, vén de facer balance dos traballos realizados no último semestre do pasado ano 2009, no que manifesta “que foi altamente positivo, xa que, fomos capaces de dar solución a máis do 97% das avarías comunicadas polos veciños e veciñas”.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 07 de Xaneiro de 2010 ás 14:20 horas

Miles de veciños asistiron á Cabalgata dos Reis Magos

Miles de veciños participaron nas actividades programadas para a festa de Reis, que tivo o seu momento especial na magnífica cabalgata de Reis, que se abría coa actuación dos ranchos de Reis de Guláns, de Cortellas (Padróns) e “Pedra da Garza” (Fozara), encargados de poñer a animación a un día tan importante para os máis pequenos.Ler mais ...
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Xoves, 07 de Xaneiro de 2010 ás 14:13 horas

As actividades do Nadal contaron cunha alta participación dos veciños

O concelleiro delegado de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, amosouse hoxe plenamente satisfeito do desenvolvemento do programa “Nadal 2009” artellado polo seu departamento co gallo das recen finalizadas festas do Nadal.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 04 de Xaneiro de 2010 ás 17:55 horas

A cabalgata dos Reis Magos chega á vila ás 18:15 horas do martes 5

Os Reis Magos de Oriente chegarán a vila de Ponteareas, o martes, día 5 de xaneiro, e a partires das 18,15 h. desenvolverase a Cabalgata de Reis que partirá dende a Avda. Rosalía de Castro e percorrerá as rúas: Concha Brey, Constitución, Praza de Bugallal, Oriente, Praza Maior, Esperanza, Praza de Bugallal, Senén Canido, Reveriano Soutullo, Constitución, Praza de Bugallal, Oriente, Praza Maior, Esperanza, Praza de Bugallal, Constitución e remate diante da casa do concello.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 04 de Xaneiro de 2010 ás 18:09 horas

Gran éxito do Calendario Galego de Ponteareas 2010

Continua con gran éxito de aceptación dos veciños, o reparto gratuíto do Calendario Galego de Ponteareas do ano 2010, adicado á Festa do Corpus Christi, co título de “O Corpus Christi noutro tempo”. O calendario está a disposición de tódolos veciños na Biblioteca Municipal e no Rexistro e Secretaría Xeral da Casa Consistorial.
Imaxes IMAXES

Ir arriba

Luns, 28 de Decembro de 2009 ás 19:44 horas

Presentado o programa NADAL FESTIVO dos días 29 e 30

O alcalde, Salvador González Solla, acompañado polo concelleiro delegado de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, presentou na mañá de hoxe, na Casa do Concello o programa denominado “Nadal Festivo” que se desenvolverá en Ponteareas durante os días 29 e 30 de decembro en horario de mañá e tarde.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 29 de Decembro de 2009 ás 18:12 horas

O programa MERCA NA RÚA da Deputación estivo en Ponteareas

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, iniciaron en Ponteareas esta fin de semana o programa “Merca na rúa”, unha actividade de dinamización comercial e posta en valor do comercio, destinada a rapaces de entre 3 e 13 anos.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 30 de Decembro de 2009 ás 13:25 horas

Celebrado en Guláns o Campionato Galego de Ciclocross

O deputado delegado de Deportes da Deputación Provincial, José Enrique Sotelo Villar, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla e mailo concelleiro delegado de Deportes, Alberto Novoa, presidiron o pasado domingo o acto de entrega de trofeos do Campionato Galego de Ciclocross. que se disputaba no parque da A Visoureira de Guláns.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 24 de Decembro de 2009 ás 17:48 horas

BO NADAL E FELIZ 2010

Imaxes IMAXES

Ir arriba

Xoves, 24 de Decembro de 2009 ás 17:42 horas

O domingo en Guláns celébrase o Campionato Galego de Ciclocross

O vindeiro domingo 27 a partires das 10:00 horas celébrase no parque da Visoureira da parroquia de Guláns o Campionato Galego de Ciclocross, organizado polo Club Ciclista Ponteareas e coa colaboración do Concello e da Deputación Provincial.

Ir arriba

Mércores, 23 de Decembro de 2009 ás 17:27 horas

O alcalde visitou as obras de reforma do auditorio Reveriano Soutullo

O alcalde, Salvador González Solla, visitou no día de hoxe as obras de remodelación do auditorio Reveriano Soutullo, acompañado dos responsables da empresa adxudicataria que foron explicandolle as obras realizadas e as obras a realizar nos vindeiros meses.

Ir arriba

Mércores, 23 de Decembro de 2009 ás 17:02 horas

Presentado o programa de Dinamización do Mercado Municipal

Hoxe mércores ás 17: 00 horas no Salón de Plenos, tivo lugar a presentación oficial do programa para a “DINAMIZACIÓN DO MERCADO MUNICIPAL”  na que estiveron presentes a directora Xeral de Comercio, María Nava Castro Domínguez, o Alcalde, Salvador González Solla, o concelleiro de Comercio, Venda ambulante e Mercado Municipal, Andrés Sampedro Fernández, a Concelleira de Industria, Emprego e Desenvolvemento Local, Rosemary Rodríguez Ogando, e a Presidenta da Asociación de Vendedoras/es do Mercado Municipal, Marisol Boente Campos.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 23 de Decembro de 2009 ás 14:17 horas

Presentado o Campionato Galego de Ciclocross

Esta mañá presentouse na Casa Consistorial, o Campionato Galego de Ciclocross, que terá lugar o vindeiro domingo 27 no parque da Visoureira da parroquia de Gulans a partir das 10:00 horas, e que está adicado as categorías de cadetes, juniors e féminas, amais das probas raiñas reservadas a categorías de élite e sub 23.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 23 de Decembro de 2009 ás 14:02 horas

Rafael Louzán e Salvador González Solla reunironse cos xornalistas

O Presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde, Salvador González Solla, mantiveron un encontro cos xornalistas da zona, no que explicaron todos os investimentos realizados pola Deputación nos concellos pertencentes as comarcas do Condado e Paradanta, no ano 2009.

Ir arriba

Mércores, 23 de Decembro de 2009 ás 13:44 horas

Presentado o Calendario Galego de Ponteareas do ano 2010

O luns 21 ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Casa Consistorial, foi presentado polo alcalde, Salvador González Solla o Calendario Galego de Ponteareas do ano 2010, adicado á Festa do Corpus Christi, coa presencia de algúns dos pregoeiros da Festa. O calendario está a disposición dos veciños na Biblioteca e no Rexistro Xeral do Concello.

Ir arriba

Venres, 18 de Decembro de 2009 ás 14:45 horas

O Punto Informativo da TDT volverá o luns 21 de 16:00 h. a 19:00 h.

O luns 21 de 16:00 h. a 19:00 h. estará instalado na Praza de Bugallal, un Punto Informativo da Televisión Dixital Terrestre do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Tamén estará en Ponteareas o vindeiro día 31 de 9:00 h. a 13:00 h.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 18 de Decembro de 2009 ás 14:30 horas

A Oficina de Información do Catastro amplía os días de atención ata o 23

A Oficina de Información do Catastro, que atendeu aos veciños no Salón de Plenos, e que o venres 18 de decembro tiña que rematar coa súa función, ampliará o prazo de atención ao público ata o vindeiro mércores, 23 de decembro. O horario de funcionamento será de 09:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 18:00 horas o luns, 21 e martes 22 de decembro e de 09:00 horas a 14:00 horas o mércores 23 de decembro.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 18 de Decembro de 2009 ás 14:37 horas

O alcalde reuniuse co conselleiro de Cultura para tratar da Festa do Corpus Christi 2010

O alcalde, Salvador González Solla, acompañado polo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, viaxou a Santiago de Compostela para facerlle entrega ao conselleiro de Cultura, Roberto Varela, do informe e a memoria sobre o III Congreso Internacional de Cidades Alfombristas, de cara a súa celebración en Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 18 de Decembro de 2009 ás 12:59 horas

O luns presentase o Calendario Galego do ano 2010

O luns 21 de decembro, ás 20:30 horas no Salón de Plenos, o alcalde, Salvador González Solla, mais o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, farán a presentación do segundo Calendario Galego de Ponteareas, ano 2010.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 17 de Decembro de 2009 ás 12:46 horas

Xuntanza do alcalde cos representantes veciñais de Xinzo, Arnoso e Areas

O alcalde, Salvador González Solla, e o concelleiro de Servizos Comúns, Alberto Novoa, mantiveron unha reunión coas asociacións veciñais das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo para anunciarlles os pasos que se están a dar para comezar, o vindeiro 11 de xaneiro, cos traballos de levantamento topográfico previo, dos aproximadamente 20 quilómetros que quedan para rematar a obra.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 15 de Decembro de 2009 ás 09:51 horas

Os Reis Magos falan todas as linguas do mundo. Fálalles galego

Por terceiro ano consecutivo os nenos e nenas de Ponteareas poderán enviarlle a súa Carta aos Reis Magos en galego. Baixo o lema “Os Reis Magos falan todas as linguas do mundo. Fálalles galego”, o Concello de Ponteareas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, quere potenciar o uso do galego no sector infantil, mediante a difusión dunha carta en galego dirixida ás Súas Maxestades de Oriente para pór de relevo que os Reis Magos tamén falan galego.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 11 de Decembro de 2009 ás 18:25 horas

O domingo ás 6 da tarde no Centro Artístico Sportivo actuarán 3 corais

O vicepresidente da Deputación Provincial e deputado delegado de Cultura, José Juan Hermida, acompañado polo alcalde, Salvador González Solla e polo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, presentou na mañá de hoxe, o programa “Encontros” no que participan o Orfeón Condado Paradanta e as corais Santa María de Areas e Centro Artístico Sportivo.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 11 de Decembro de 2009 ás 15:07 horas

O sábado 12 estará instalado na Praza Maior un Punto Informativo da TDT

Mañán sábado 12 en horario de 9:00 h. a 13:00 h. estará instalado na Praza de Bugallal un Punto Informativo da Televisión Dixital Terrestre do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Tamén estará en Ponteareas os vindeiros días 21 de 16:00 h. a 19:00 h. e o 31 de 9:00 h. a 13:00 h.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 11 de Decembro de 2009 ás 18:07 horas

Presentadas as escolas deportivas da Deputación Provincial

Onte xoves tivo lugar no Centro Multiusos a presentación das escolas deportivas da Deputación Provincial coa presencia do deputado delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, acompañado polo alcalde, Salvador González Solla e polo concelleiro de deportes, Alberto Novoa.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 11 de Decembro de 2009 ás 14:40 horas

Presentada a programación cultural do Nadal

O alcalde, Salvador González Solla, e mailo concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, presentaron na mañá de hoxe as actividades a desenvolver durante este mes de decembro dentro da programación do Nadal 2009.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 04 de Decembro de 2009 ás 17:37 horas

Manifestacións do alcalde sobre a revisión do Catastro

O alcalde, Salvador González Solla, saíu hoxe ao paso das declaracións realizadas polo PSdeG-PSOE sobre a revisión do catastro, manifestando que o PSdeG-PSOE terxiversa a realidade. O alcalde fai as seguintes aclaracións:.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 03 de Decembro de 2009 ás 20:12 horas

Ata o 18 de decembro a oficina de Información Catastral estará no Salón de Plenos

Ata o vindeiro día 18 de decembro, veciños e veciñas poderán solicitar información ou mesmo presentar alegacións sobre revisión dos valores Catastrais de Urbana, na Oficina de Información, que quedou instalada no Salón de Plenos e que funciona en horario de 09:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 18:00 horas.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 03 de Decembro de 2009 ás 19:48 horas

Concurso escolar de beléns tradicionais

A Concellería de Cultura convoca un concurso escolar de beléns tradicionais para conservar esta secular tradición e promover a súa revitalización entre os escolares de Ponteareas.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 03 de Decembro de 2009 ás 19:38 horas

Comezou a funcionar o novo alumeado público de Areas

Os barrios da Gándara, A Lomba, San Brais, Peso e Coto, todos eles na parroquia de Areas, contan xa cun novo alumeado público no que se investiron 93.295 euros. As obras realizadas consistiron na instalación de máis de 150 novos puntos de luz, con luminarias de vapor de sodio de alta presión de 70 w de potencia con brazo galvanizado de 1,5 metros, un novo un tendido de máis de 5.000 metros lineais de cable conductor trenzado, e 3 cadros de mando e protección.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 02 de Decembro de 2009 ás 16:34 horas

O sábado 5 ás 20:30 horas na igrexa parroquial haberá un concerto coral

O vindeiro sábado 5, ás 20:30 horas haberá un concerto coral na igrexa parroquial de Ponteareas, coa actuación dos grupos de Huelva; Agrupación Coral SAGRADA CENA, Coro LEMBRANZA e o grupo de corda VIVIOCUERD.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 01 de Decembro de 2009 ás 17:38 horas

O teleclube de Cortellas cumpriu 40 anos de funcionamento

O pasado sábado, o alcalde, Salvador González Solla, acompañado do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro e varios concelleiros do Grupo de Goberno, participaron nos actos de celebración dos corenta anos de funcionamento do teleclube do barrio de Cortellas, na parroquia de Padróns. Estes actos servían tamén a xeito de inauguración das obras de remodelación integral do centro desenvolvidas nos últimos meses e nas que o concello investiu máis de 30.000 euros.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 27 de Novembro de 2009 ás 14:21 horas

A parroquia de Fontenla xa conta co novo alumeado público

A pasada semana entrou en funcionamento o novo alumeado público da parroquia de Fontenla, unha obra que contou para a súa realización cun investimento de 90.795 euros.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 26 de Novembro de 2009 ás 14:29 horas

Arcos, Fontenla, San Mateo, Moreira e Padróns xa dispoñen de sinal da Sobroso Wireless

A Concellería de Novas Tecnoloxías, que dirixe Alberto Novoa, procedeu, nas últimas semanas, a instalar os repetidores de sinal de internet da WIFI gratuíta municipal “Sobroso Wireless” nas parroquias de Arcos, Fontenla, San Mateo, Moreira e Padróns e nos vindeiros días instalarase en Angoares.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 26 de Novembro de 2009 ás 14:25 horas

A Secretaría Xeral de Deporte subvenciona a 8 clubs deportivos con maís de 12.000 euros

A Secretaría Xeral do Deporte da Xunta de Galicia fixo públicas as listas definitivas de concesión de axudas a entidades sen ánimo e lucro para o desenvolvemento das actividades propias destes clubs ao longo deste ano 2009.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 24 de Novembro de 2009 ás 19:41 horas

A Consellería de Cultura achegará 90.000 euros á Fundación Roxelio Groba para 8 concertos

A Consellería de Cultura e Turismo participará en 2010 na celebración do 80 aniversario do nacemento de Roxelio Groba co apoio ao ciclo de concertos que darán a coñecer a obra do músico galego nas catro provincias galegas. A través dun convenio que será formalizado nos próximos días, a Consellería de Cultura e Turismo achegará á Fundación Roxelio Groba un total de 90.000 euros para a realización dun mínimo de 8 concertos que se celebrarán principalmente en vilas pequenas.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 23 de Novembro de 2009 ás 16:36 horas

Novos cursos de Iniciación a Internet no Telecentro

A Concellería de Novas Tecnoloxías, que dirixe Alberto Novoa, vén de convocar novos cursos de Iniciación a Internet, que se desenvolverán no Telecentro, situado no Centro Social da rúa Oriente.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 23 de Novembro de 2009 ás 16:32 horas

A Xunta concedeu máis de 20.000 euros a asociacións culturais de Ponteareas

A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, vén de conceder máis de 20.000 euros de subvención a tres asociacións culturais sen ánimo de lucro do Concello de Ponteareas para equipamento e mellora dos seus locais sociais.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 20 de Novembro de 2009 ás 19:03 horas

O domingo no castelo do Sobroso celebrase o Dia da Reforestación TOYOTA

TOYOTA, o concello de Ponteareas e o Grupo IBERICAR invitan a todos os veciños a participar no día da reforestación TOYOTA no parque do Castelo do Sobroso, o vindeiro domingo 22 de novembro, ás 10:30 horas.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 20 de Novembro de 2009 ás 18:50 horas

Rematado o novo alumeado público da parroquia de San Mateo de Oliveira

Hoxe venres comezou a funcionar o novo alumeado público instalado natotalidade da parroquia de San Mateo de Oliveira, que acadou un investimento de 160.330 euros e consistiu na instalación de máis de 270 puntos de luz.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 20 de Novembro de 2009 ás 16:51 horas

Xuntanza co xerente do Consorcio Galego de Servicios Sociais

A concelleira delegada de Servicios Sociais, Raquel Bautista Alfaya acompañada do primeiro tenente de alcalde, Juan Carlos González Carrera, reuníronse co Xerente do Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez Martinez, co fin de chegar a un acordo para a ampliación do Centro de Día.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 19 de Novembro de 2009 ás 19:14 horas

A Cámara de Comercio impartiu un novo seminario en Ponteareas

A antena da Cámara de Comercio en Ponteareas impartiu no día de onte un curso para analizar a figura do traballador autónomo económicamente dependente (TAED) e tratar de combatir o descoñecemento xeneralizado que aínda existe en torno a estos profesionais.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 13 de Novembro de 2009 ás 18:26 horas

O luns comezan novas actividades lúdico deportivas

A Concellería de Deportes comeza o vindeiro luns, novas actividades de Ximnasia de Mantemento, Dinámica de grupo, Xogos e Sendeirismo, cos seguintes horarios e lugares:
No Centro Artístico Sportivo de luns a venres ás 11 h.
No Parque de As Pombas os luns e mércores ás 18:30 h.
No Parque de As Pombas os martes, xoves e venres ás 17:00 h.
Na Casa Cultural de Guláns os luns e mércores ás 17:00 h.
Na Casa Cultural de Guillade os martes e xoves ás 19:00 h.
Na Casa Cultural de Bugarín os mércores e venres ás 20:00 h.
Para maís información, poden chamar o teléfono 630 448 107.

Ir arriba

Venres, 13 de Novembro de 2009 ás 18:11 horas

Rematadas as obras de humanización da Avenida de Galicia

Na tarde do xoves comezaba a funcionar o novo alumeado da Avenida de Galicia, que foi obxecto de importantes obras de humanización de cara a que, un dos principais accesos a vila de Ponteareas, presentase un aspecto moito máis adecuado á realidade da vila.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 13 de Novembro de 2009 ás 18:05 horas

Ribadetea contará cun novo depósito de auga potable

O alcalde, Salvador González Solla, asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural, que permitirá a construcción dun depósito de auga potable para a parroquia de Ribadetea, que contará cun investimento para a súa realización de 89.978,00 €.Ler mais ...

Ir arriba

Xoves, 12 de Novembro de 2009 ás 20:20 horas

Pàra Xestur é prioritario o parque empresarial Val do Tea

O alcalde, Salvador González Solla, e mailo xerente de Xestur Pontevedra, Javier Domínguez, presidiron na mañá de hoxe na Casa do Concello, a reunión da Comisión de Seguimento do Parque Empresarial “Val do Tea” na que se analizou a situación actual do proxecto e as súas perspectivas de futuro.Ler mais ...

Ir arriba

Mércores, 11 de Novembro de 2009 ás 13:43 horas

Asinado un novo convenio coa Fundación Guláns para o remate das obras do Centro Cultural

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinou hoxe un convenio de colaboración co representante da Fundación Guláns, Juan Antonio Rodríguez Varela, e o alcalde de Ponteareas, Salvador González, polo cal a entidade provincial se compromete a destinar 50.000 euros á execución da terceira fase de obras do Centro Cultural.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 10 de Novembro de 2009 ás 17:46 horas

A Xunta de Goberno aprobou as obras do Plan de Investimentos da Deputación

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do pasado 26 de outubro, aprobou os proxectos e memorias valoradas das obras que se desenvolverán con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra e que suporán un investimento global superior ao medio millón de euros.Ler mais ...

Ir arriba

Martes, 10 de Novembro de 2009 ás 17:40 horas

Instalados tres colectores para a recollida de aceite de uso doméstico

A nosa vila conta xa con tres colectores para a recollida selectiva de aceite de uso doméstico nos que os veciños poderán depositar o aceite usado de cociña, e están situados nas rúas Castelao, a carón do supermercado; Fernández de la Vega, preto do mercado de abastos e na Rúa Rosalía de Castro, á altura do número 13.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 09 de Novembro de 2009 ás 10:17 horas

Convocadas seis novas prazas de axente de Policía Local

A concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá ven de convocar seis plazas novas para axente de Policía Local, por Oposición Libre. Esta medida tomase despois de que cinco dos auxiliares actuais, pasen a ser funcionarios, unha vez rematadas as practicas que están a realizar na Academia Galega de Seguridade.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 06 de Novembro de 2009 ás 14:07 horas

Un novo NOITEBUS unirá Barciademera con Ponteareas

O Concello de Ponteareas, vén de anunciar a posta en marcha dunha nova liña que unirá a localidade de Barciademera, no concello de O Covelo con Ponteareas, con paradas nas parroquias de Pías e Prado.Ler mais ...

Ir arriba

Venres, 06 de Novembro de 2009 ás 14:00 horas

A Biblioteca Municipal gaña un dos premios MARIA MOLINER

A Biblioteca Municipal vén de ser galardoada cun dos premios María Moliner, dirixidos a municipios de menos de 50.000 habitantes, que foi  concedido pola súa labor de fomento e animación a lectura entre nenos e mozos.Ler mais ...

Ir arriba

Luns, 02 de Novembro de 2009 ás 16:32 horas

Hoxe luns 2 de novembro non haberá recollida de lixo

Debido á festividade, mañá martes, 3 de novembro, de San Martín de Porres, patrón dos traballadores do servizo de Limpeza e recollida de lixo, no día de hoxe non haberá recollida de lixo, habida conta que mañá estará pechada a planta de tratamento de residuos de Sogama.Ler mais ...

Ir arriba