Concello de PONTEAREAS

  • Mapa WebMapa Web
  • Buscador


Idioma
Ruta de acceso á sección Inicio Servizos municipais » OMIX (Xuventude) » Novas

Novas

Mostra todos os contidos desta sección nunha nova páxina facilmente imprimible

FESTAS SETEMBRO

 
  • FESTAS DE SETEMBRO - Ponteareas

Mes de Setembro

 
  • Mes de Setembro - Ponteareas

Tramitación en liña

 

Enlaces

 

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina

Erasmus para xóvenes empresarios

Erasmus para jóvenes empresarios, proyecto para realizar estudios o prácticas en una PYME de otro país 

Erasmus para jóvenes empresarios 

La Comisión Europea está preparando el proyecto ?Erasmus para jóvenes empresarios?, con la finalidad de ofrecer a los jóvenes empresarios actuales y futuros la oportunidad de disfrutar de una estancia para hacer prácticas o estudios en pequeñas y medianas empresas de otros países. 

A lo largo del año 2008 está previsto el lanzamiento de una acción piloto con el fin de poner en marcha la iniciativa en 2009. 

La presentación del proyecto y de los trabajos preparatorios tuvo lugar en Bruselas los días 17 y 18 de diciembre pasado, y se desarrollaron mesas redondas y talleres para recabar las opiniones de las partes interesadas en el mismo. 

Los estudios preparatorios y los resultados y conclusiones de los grupos de trabajo pueden consultarse en la siguiente dirección 

http://ec.europa.eu/enterprise/entrepreneurship/support_measures/erasmus/stakeholdersmeeting/

Ir arriba

Bolsas para realizar actividades de inmersión lingüstica veran de 2008.Alumnos de ESO e Bacharelato

Beneficiarios e requisitos.

- Estar realizando 6º de educación primaria; 1º, 2º, 3º, 4º da ESO, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2007-2008.

-Ter, no curso 2006-2007, unha avaliación positiva na área de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

- Poderán solicitar as axudas alumnos e alumnas maiores de 18 anos ou os pais, nais ou titores legais do alumnado menor de idade con domicilio fiscal no territorio da Comunidade Autónoma galega.

- O alumnado de 2º, 3º, 4º da ESO e o de bacharelato deberá estar en posesión do pasaporte en vigor.

Presentación e prazo das solicitudes: A orde de convocatoria publicouse o pasado xoves, 17 de xaneiro; e o prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do venres, 18 de xaneiro. 

Publicado: CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. Orde do 10 de xaneiro de 2008 pola que se convocan axudas en réxime de concurrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2008

Ir arriba

Axudas adquisición equipamento e actividades programadas por asociacións xuvenís

Subvencións para os seguintes fins:
Modalidade A: realización do programa anual de actividades e gastos de funcionamento, entendido como o conxunto de actividades planificadas con coherencia co fin de acadar os obxectivos estatutarios dunha asociación.
Modalidade B: adquisición de equipamento e material inventariable.
Modalidade C: realización de proxectos de promoción xuvenil, entendidos como aqueles proxectos con carácter puntual e extraordinario que unha entidade realiza co obxectivo xeral da promoción da mocidade e como obxectivos específicos os descritos no artigo 5º, punto 3 b) desta orde.
Beneficiario:Asociacións xuvenís e a entidades prestadoras de servizos á xuventude da Comunidade Autónoma de Galicia

Publicación: DOG de 17 de xaneiro de 2008
Data de inicio: 17.01.2008
Remata o prazo: 18.02.2008
Prazo: 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG
Entidad: Xunta de Galicia

Ir arriba

Subvencións a entidades de acción voluntaria para fomento de actividades de voluntariado

Serán subvencionables os programas e actuacións presentados polas entidades sen ánimo de lucro sempre que desenvolvan proxectos de acción voluntaria e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nalgunha das seguintes áreas: 

a) Área de sensibilización: o obxectivo destes programas será o de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización como: 

-Desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das asociacións, así como á promoción e captación de voluntariado.
-Realización de campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e ás súas organizacións.
-Estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación (local, comarcal, etc.). 

b) Área de formación e participación: perséguese aquí unha modernización e adaptación permanente das entidades á realidade social a través destas liñas fundamentais:
-Gastos de formación de persoas responsables de voluntariado e das persoas voluntarias.
-Incorporar actuacións innovadoras na aplicación de boas prácticas que sirvan de referentes, actúen como dinamizadores da participación social e favorezan a continuidade do voluntariado.
-Fomento e incorporación de novas tecnoloxías dentro das entidades, como por exemplo o deseño e mantemento de páxinas web. 

c) Área de coordinación: as accións fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre as diferentes entidades incorporando de xeito transversal as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado, así como as iniciativas de carácter experimental que acheguen solucións innovadoras. 

Beneficiario: 

Para poder ser beneficiarias/os destas axudas serán condicións imprescindibles:
-Que as entidades estean inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e que estean legalmente constituídas.
-Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os programas subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de voluntarias ou voluntarios e profesionais.
-Non ter débedas no período executivo de pagamento na Comunidade Autónoma galega e restantes administracións públicas.
-Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e accidentes de todas as persoas voluntarias para o ano en curso e na data de presentación da solicitude.
Publicación: DOG de 17 de xaneiro de 2008
Data de inicio: 17.01.2008
Remata o prazo: 18.02.2008
Prazo: 1 mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG
Entidad: Xunta de Galicia

Ir arriba

Renda básica de emancipación

En qué consiste?
Os mozos e mozas entre 22 e 30 anos poderán recibir 210 euros mensuais para o pagamento do aluguer da súa vivenda habitual durante un máximo de catro anos e 600 euros de empréstimo que se poden utilizar para a fianza. Ao finalizar o contrato de aluguer ou cando deixe de recibir a renda de emancipación, deberás devolver esta cantidade. Se se precisa aval, 120 euros para os gastos da súa tramitación.

Que condicións hai que cumprir?
Ter entre 22 e 30 anos. Dispoñer dunha fonte regular de ingresos que non superen os 22.000 euros brutos anuais. Isto inclúe aos traballadores por conta propia ou allea, aos bolseiros de investigación e aos perceptores de prestación de desemprego ou dunha pensión por incapacidade. Se os teus ingresos mensuais non superan os 1.500 euros netos, poderás acollerte á axuda. Tamén deberás acreditar unha vida laboral de alomenos 6 meses de antigüedade, inmediatamente anterior ao momento da solicitude, ou unha duración prevista da fonte de ingresos de alomenos 6 meses contados desde o día dda súa solicitude. Se estiveches traballando durante os últimos 6 meses a comprobación realizarase directamente coa Seguridade Social, ou se nos próximos 6 vas a estar traballando e recibindo ingresos de forma regular, deberás aportar o contrato. O outro requisito é ser titular do contrato de aluguer, que debe estar ao teu nome ou ser un dos firmantes, Os estranxeiros non comunitarios deben contar coa residencia legal permanente no Estado español. 

Cales son as características da prestación?
A duración é de 4 anos, sexan ou non consecutivos. Isto quere dicir que podes fraccionar a duración da prestación, así se aos tres anos deixas de recibir a renda de emancipación, cando volvas a necesitala, se aínda cumpres os requisitos, podes volver a solicitar a prestación polo anos restante. Só haberá unha prestación por vivenda habitual alugada. Beneficiaranse tamén os que xa estén de aluguer. No caso de que haxa máis dun asinante do contrato, as contías das axudas a cada un dos que teñan dereito ás mesmas serán o resultado de dividir as cantidades da axuda polo número total de titulares.

O receptor non pode ser propietario dunha vivenda. O empréstimo e o custe do aval só poderán ser percibidos unha única vez. Concederanse só para contratos de aluguer novos. O pago da prestación de 210 euros realizarase cada mes, despois de comprobar que o inquilino realizou a transferencia da renda mensual ao propietario. Non se aceptarán contratos de aluguer entre familiares próximos (1º ou 2º grado de consanguineidade ou afinidade). Se se modificara algunha das circunstancias, o beneficiario haberá de comunicalo de inmediato ao órgano que lle recoñeceu o dereito á axuda, para que resolva o que proceda e o comunique ao Ministerio de Vivenda.

Cando entra en vigor?
A prestación entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2008, por tanto poderase presentar a solicitude desde esa data. Infórmate máis polo miúdo na Consellería de Vivenda e solo. A renda de emancipación será percibida por meses completos, e terás dereito a recibila desde o mes siguinte ao da súa solicitude.

Cales son os pasos necesarios para obter a prestación?
Hai que presentar a solicitude ante a Consellería de Vivenda e Solo, que comprobará que se cumpren todos os requisitos para percibir a renda de emancipación e o comunicará no prazo máximo de dous meses.

Coa resolución outorgada pola Consellería, o solicitante deberá dirixirse á entidade bancaria colaboradora para solicitar o pagamento. Despois de comprobar que o solicitante realizaou a transferencia do pago do alguer mensual ao propietario, o Ministerio ingresará na conta bancaria do solicitante o importe da prestación. Se o solicitante aínda non ten contrato de alguer, poderá solicitar o recoñecemento provisional do dereito á renda. Neste caso, terá tres meses desde o recoñecemento do dereito para buscar casa e presentar unha nova solicitude aportando o contrato de aluguer. A Consellería de Vivenda comprobará os datos e comunicará o recoñecemento definitivo do dereito á renda. Inmediatamente, o Ministerio ingresará a axuda na conta bancaria do solicitante, desde o mes en que se presente o contrato de aluguer.

Que documentación hai que presentar para obter a prestación?
Basta con presentar o impreso de solicitude no que figuran os datos personais necesarios para comprobar que se cumpren todos os requisitos como, a idade, o número da Seguridade Social, a referencia catastral da vivenda, o número de conta, etc. E unha copia do contrato de aluguer. Nalgún caso deberás presentar outra documentación que demostre que cumpres algún requisito exixido.

É compatible esta prestación con outras axudas?
A renda de emancipación é compatible coa dedución fiscal a favor do inquilino, actualmente en tramitación nas Cortes. A partir da declaración da renda de 2008 (que se presenta en 2009) poderase deducir o 10,05% do que pague polo aluguer da súa vivenda, até un máximo determinado, sempre que se teñan uns ingresos anuais por debaixo dos 24.000 euros netos.

A renda de emancipación non é compatible coas axudas ao inquilino vixentes do Plan Estatal de Vivenda.

Ir arriba

Xornadas provinciais de fomento do asociacionismo xuvenil

Durante os meses de xaneiro e febreiro, realizaranse nas diferentes provincias galegas encontros entre o Director Xeral de Xuventude e Solidariedae e as asociacións para levar adiante unha sesión formativa sobre como elaborar e presentar proxectos axeitados para as ordes de subvencións da Dirección Xeral de XUventude e Solidariedade. 

CALENDARIO:

15, 16 e 17 de febreiro en Pontevedra (Albergue xuvenil As Sinas. Vilanova de Arousa)

ESTRUTURA:
Venres tarde: a partir das 19 horas. Encontro co Director Xeral: Claves da orde de subvencións 2008 e participación en programas europeos. Berto a todos os membros de asociacións xuvenís e prestadoras de servizos á xuventude.

Sábado, e domingo pola mañá: sesións fomrativas "elaborar e presentar proxectos axeitados". Poderán participar até 30 persoas de entidades de carácter xuvenil, asociacións xuvenís ou ptestadoras de servizos á xuventude en cada un dos cursos. En principio soamente un máximo de 2 persoas por entidade. No caso de non completarse a matrícula poderán participar máis. O sábado será de 10 a 14 h e de 16 a 20 h e o domingo de 10 a 14 h. Haberá aloxamento para as persoas que desexen quedar a durmir, agás en Ourense.

SESIÓN FORMATIVA:
"Elaborar e presentar proxectos axeitados" diante das administracións ou entidades privadas.

OBXECTIVOS:
Ofertar ferramentas para a mellora da capacidade de planificación que facilite o acceso a fonsos de apoio ao asociacionismo xovenil ofertadas desde as administración e outras entidades privadas.

Presentar os modelos de solicitude de diferentes administracións, especialmente o modelo da orde de subvencións para entidades de carácter xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariredade para este ano.

PROGRAMA:
1.- Planificación de actividades nas entidades xuvenís: concepto de Plan, programa proxecto. Etapas da planificación. Avaliación.

2.- Presentación e comunicación dos proxectos realizados.

3.- Busca de recursos nas administracións públicas: Axudas para o desenvolvemento de programas e proxectos das entidades xuvenís. Axudas nas entidades locais. Proxectos europeos.

4.- Busca de recursos no sector privado, bancos, caixas, fundacións...

5.- Xustificación das axudas recibidas

METODOLOXÍA:
Eminentemente práctica. Traballaremos sobre a realidade concreta dos proxectos das entidades presentes no curso e cos formularios actuais das subvencións da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

PARA ANOTARSE: Descárgate a folla de inscrición anexa como documento adxunto, rechéaa, e envíasnola ben por correo electrónico ao enderezo beatriz.pais.comino@xunta.es ou ben por FAX ao 981 54 58 43.

Ir arriba

ENTRE MAREAS 2008

Entre mareas é un programa na procura do achegamento dos escolares galegos ao medio mariño do noso país, a través dunhas actividades encamiñadas ao coñecemento e a concienciación sobre a importancia da recuperación, conservación e mantemento do noso patrimonio marítimo. Estas actividades desenvolveranse en espazos protexidos e privilexiados das nosas costas, tanto en terra como no mar. Destinatarios: escolares de PRIMEIRO e SEGUNDO CICLO da ESO. 

Organización: Convoca e organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Colaboran: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Dirección Xeral de Turismo Consellería de Innovación e Industria

Actividades: Datas e descrición: O programa Entre Mareas desenvolverase no Concello do Grove, nos meses de febreiro, marzo e abril do 2008, en xornadas dun día e de luns a venres

Ofértanse dúas opcións:

I. OPCIÓN A: Está orientada a escolares do Primeiro ciclo da ESO e II. OPCIÓN B: Orientada a escolares de Segundo ciclo da ESO

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade seleccionará os centros participantes atendendo os seguintes criterios:

- Orde de chegada dos correos electrónicos.

- Aqueles que nunca participaran neste programa.

- Aqueles que se aproximen máis ao número de prazas máximas ofertadas (50).

- Aqueles que se atopen máis afastados da costa.

- Aqueles que desenvolvan ao longo do curso académico 2007-2008, algún tipo de traballo relacionado co mar (o centro deberá xustificalo documentalmente á hora de facer a solicitude, p. e. a través de programacións).

- E no seu defecto, a aqueles colexios que optasen pola opción ou datas que presenten maiores prazas vacantes.

Notificación:

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade notificaralles a todos os centros interesados, o resultado da selección efectuada, tanto aos que fosen seleccionados como aos que non, indicando, no primeiro dos casos, a opción e o día que lles foi asignado.

Cota de participación. Particularidades.-

- Importe: 4 euros/praza. Os alumnos posuidores do carné xove terán un desconto do 25% na cota, debendo achegar copia del xunto co xustificante de ingreso e listaxe de participantes remitidos polo centro. Os acompañantes responsábeis están exentos do pagamento.

- A cota de inscrición non inclúe o transporte nin o xantar que serán por conta do colexio e dos participantes.

- Ingreso: Facilitaráselles aos centros seleccionados un número de conta onde farán efectivo o importe total das prazas solicitadas, nos DEZ días seguintes á notificación da adxudicación. Un xustificante orixinal do dito ingreso, no que deberá constar o nome do colexio e a opción e data adxudicada, debidamente validado pola entidade bancaria, remitirase por correo ordinario a esta dirección xeral; ao seguinte enderezo:

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade

San Caetano, bloque 3 _ 1º

15781 SANTIAGO

É preceptivo tamén, adiantar por Fax, ao número 981/545.843, unha copia del.

- Unha vez confirmada a súa selección por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, o centro deberá garantir a asistencia como mínimo do 80% das prazas solicitadas, no caso contrario poderá ser excluído do programa.

- A devolución do importe ingresado só procederá cando, por causas non imputables aos interesados, se deixe de prestar o servizo ou a administración decida anular a actividade.

Ir arriba

PROBAS DE SELECCIÓN PARA VIXILANTES DE SEGURIDADE

Requisitos

1. Ser maior de idade e non cumprir os 55 anos
2. Ser español ou nacional dun estado membro da UE
3. Título de Graduado Escolar, ESO, FP I ou equivalente ou superior.
4. Posuír a aptitude física e psíquica necesaria para o exercicio das funcións de vixiante de seguridade e reunir os requisitos necesarios para prestar servizos de seguridade privada
5. Carecer de antecedentes penais.
6. Posuír diploma ou certificación acreditativa de superar o curso ou cursos correspondentes nos centros de seguridade privada autorizados pola Secretaría de Estado de Seguridade.


PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
1ª Convocatoria: Ata o 15 de xaneiro de 2008
2ª Convocatoria: Do 11 de febreiro ao 20 de febreiro de 2008.
3ª Convocatoria: Do 10 ao 19 de marzo de 2008.
4º Convocatoria: Do 21 ao 30 de abril de 2008.
5ª Convocatoria: Do 26 de maio ao 4 de xuño de 2008
6ª Convocatoria: Do 1 ao 10 de setembro de 2008.
7ª Convocatoria: Do 6 ao 15 de outubro de 2008.

CONVOCATORIA NO BOE DO 5 DE XANEIRO

Ir arriba

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR CURSO 2008/9

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 21 ao 31 de xaneiro de 2008, ambos os dous incluídos
LUGARES DE INSCRICIÓN : en calquera dos IES e dos CIFP onde se imparta FP


DATA REALIZACIÓN DA PROBA : 18 de abril de 2008

Publicación: DOG 03/01/2008

Ir arriba

 Ir á páxina seguinte Ir á última páxina

Usuario Login

 

Especial Corpus Christi

 
  • Especial Corpus Christi 2010 - Ponteareas

Imaxes IMAXES

 

LocalWeb 2.0 | Copyright © 2008 Integal.com.| Todos los derechos reservados.
Contactar | Feito por integal, S.L. | Nota legal