O venres día 23, a concellería de Cultura ten programado, dentro das actividades de verán, a actuación de “Renato Spencer & Café Caxaça”, na praza Maior, ás 22:30 horas. Este grupo musical trata de amosar unha variada cultura musical, centrada en ritmos do Brasil e que representan un ponto de encontro das culturas europeas, indíxenas e africanas.
Desa mestura xurde a identidade cultural e musical brasileira. Esta agrupación interpreta temas de bossa nova, samba, forró, baiao, tanto de autores xa consagrados como de novos valores da música brasileira ( Caetano Veloso, Chico Buarque, Carlinhos Brown,...), e tamén composición e adaptación de Renato que figuran no seu último traballo discográfico “Peneirando”; unha mostra musical da mestura de ritmos das dúas ribeiras do Atlantico.
Renato Spencer estudiou no conservatorio Pernanbucano de Música e percusión; e ao longo da súa carreira musical formou parte de diversos grupos, tanto en Brasil como en España e Portugal, sendo a súa derradeira banda a agrupación que o acompaña neste concerto.