O pasado domingo 18 de xullo, celebrouse a Copa Diputación de Descenso BTT, que tivo lugar no Monte da Picaraña, coa participación de mais dun centenar de corredores galegos que disfrutaron dunha magnifica proba organizada pola Asociación Deportiva A Picaraña coa colaboración da Deputacion Provincial, a Federación Galega de Ciclismo e o concello de Ponteareas.
A entrega de premios correu a cargo do alcalde, Salvador González Solla , o concelleiro de Deportes, Alberto Novoa Iglesias e o presidente do Clube A Picaraña, Carlos Ledo, que entregaron un total de 21 trofeos aos tres primeiros de cada categoría.
Alberto Novoa Iglesias como concelleiro de Deportes, amosaba unha vez mais a súa satisfacción, polo éxito alcanzado nesta nova edición da Copa Diputación de Descenso, nunha vila como Ponteareas, cuna do ciclismo, onde os amantes ao mundo das duas rodas, non quixeron perderse este acontecemento deportivo tan espectacular.