Concello de PONTEAREAS

  • Mapa WebMapa Web
  • Buscador


Idioma
Ruta de acceso á sección Inicio O Concello » Inicio

Inicio

Mostra todos os contidos desta sección nunha nova páxina facilmente imprimible

FESTAS SETEMBRO

 
  • FESTAS DE SETEMBRO - Ponteareas

Mes de Setembro

 
  • Mes de Setembro - Ponteareas

Tramitación en liña

 

Enlaces

 
  • Canal Tea en Youtube
  • Foro Cidadán de Ponteareas
  • Sobroso Party
  • Plan Xeral de Ordenación Municipal
  • Subvencións
  • Formularios de Trámites
  • Información Xuvenil
  • Rede de Dinamización
  • Catastro
  • O TEMPO
  • Centro Multimedia de Galicia
  • Solicitude declaración Renta
  • Xunta de Galicia
  • Deputación Provincial de Pontevedra
Venres, 23 de Xullo de 2010 ás 09:36 horas

Inaugurado un novo depósito de auga potable na parroquia de Xinzo

O pasado sábado comezou a funcionar un novo depósito de auga potable na parroquia de Xinzo, nun acto organizado pola Xunta Directiva da comunidade de usuarios da traída de augas de Xinzo-Norte , ao que asistiu o alcalde, Salvador González Solla e o concelleiro de Servizos Comúns, Alberto Novoa.
A construción deste novo depósito contou cun investimento de 56.713 euros e as obras complementarias de mellora da rede e das conexións con 20.000 euros, que suman un investimento total de preto de 77.000 euros.
Esta infraestrutura, posta en marcha o pasado sábado, consta dun depósito de formigón armado con capacidade útil para 300.000 litros, dotado dunha caseta de aloxamento de válvulas e pintado interiormente con pintura homologada por Sanidade para auga potable.
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, explicou que, “o concello coñecía a necesidade deste infraestrutura, por ser prioritaria para que Xinzo tivera garantido un subministro de auga potable para toda a veciñanza”.
Destacou González Solla, “a colaboración da Comunidade de Augas de Xinzo-Norte sen a que, dificilmente, se podería ter conseguido a posta en marcha deste servizo básico”.

Ir arriba

Usuario Login

 

Especial Corpus Christi

 
  • Especial Corpus Christi 2010 - Ponteareas

Imaxes IMAXES

 

LocalWeb 2.0 | Copyright © 2008 Integal.com.| Todos los derechos reservados.
Contactar | Feito por integal, S.L. | Nota legal