
O vindeiro sábado 31, ás 22:30 horas, na urbanización “Ponteareas Ciudad”, a Concellería de Cultura proxectará a película “Pequeños Invasores”, apta para tódolos públicos. Esta película foi incluída no ciclo CINE NA RÚA que se desenvolve no programa de actividades do mes de xuño, organizadas polo concello ponteareán.