Concello de PONTEAREAS

  • Mapa WebMapa Web
  • Buscador


Idioma
Ruta de acceso á sección Inicio Servizos municipais » Rede de Dinamización

Rede de Dinamización

Mostra todos os contidos desta sección nunha nova páxina facilmente imprimible

Ferramentas Informáticas para PEMES

A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria promove o Software Libre a través de diferentes liñas estratéxicas. Unha delas foi a posta en marcha do Centro de Referenza e Servizos de Software Libre (Mancomun) para promover distintas actuacións de fomento e difusión destas materias no ámbito galego.

O Software Libre é o conxunto de programas informáticos que poden ser usados, copiados, modificados e redistribuídos libremente de forma completamente legal. Como código fonte pode ser examinado, é moi difícil contaxialo con virus ou esconder “portas traseiras”, mentres que os erros poden ser localizados e resoltos eficazmente. Ademais do menor custe, maior fiabilidade e total seguridade cabe salientar que a principal vantaxe do Software Libre reside na total liberdade para adaptar os productos ás propias necesidades; por exemplo para traducilo ao galego ou integralo na imaxe corporativa. Por estes motivos cada vez hai máis empresas que empregan Software Libre como base do seu modelo negocio.

Unha destas liñas de actuacións por parte da Consellaría de Innovación e Industria para a difusión do Software Libre é a promoción e difusión dun DVD de Software Libre que contén varios programas cos que as PEMES poden optimizalos seus negocios. As ferramentas que contén son gratuítas, sinxelas de usar, fiábeis, seguras, facilmente adaptábeis ao seu negocio... e funcionan completamente en galego.

Empregando estes programas poderá crear documentos de textos, follas de cálculo ou presentacións multimedia, navegar por internet ou usar o correo electrónico. Ademais poderá facturar automaticamente, manter o control das súas contas, xestionar os recursos da súa empresa, a relación cos seus clientes ou incorporar as máis innovadoras ferramentas de traballo colaborativo en rede.

Todos/as os/as que estean interesados/as en adquirir este DVD, poden pedilo de xeito gratuíto en Mancomun ou ben, antes de solicitalo, poden miralas aplicacións que contén en: http://peme.mancomun.org/index.htm.

Con este DVD a Dirección de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria quere empregar as vantaxes do software libre e dos estándares abertos para neutralizar a fenda dixital, alentando a mellora da competitividade das empresas galegas nun mercado cada ves máis dinámico e globalizado.

Andrea Pino García
Dinamizadora Tecnolóxica da Sociedade da Información.
Aula de Dinamización no Telecentro no 1º andar do Centro de Servizos Sociais, rúa Oriente nº 8 CP: 36860. Ponteareas.
Accións sobre o contidoAccións sobre o contido:

Enlace permanente a este contidoMostra este contido nunha nova páxina facilmente imprimibleRecomenda este contido a alguén vía correo electrónico

Ir arriba

A Rede de Dinamización en Ponteareas

Cando escoitamos Rede de Dinamización da Sociedade da Información moita xente párase a preguntar que é iso e para que serve.
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información é un proxecto posto en marcha pola Consellería de Innovación e Industria. Esta Rede xorde a partir do PEGSI (Plano Estratéxico de Galicia para a Sociedade da Información) e ten como obxectivos os seguintes:
  1. Propiciar o achegamento da cidadanía ás aulas de recursos para a Sociedade da Información.
  2. Familiarizar a poboación no uso das novas tecnoloxías (alfabetización dixital)
  3. Informar das oportunidades que brindan as administracións para a adquisición de  tecnoloxía.
  4. Detectar necesidades de servizos e contidos útiles para a poboación.
  5. Programar obradoiros formativos adecuados aos distintos colectivos. 
A Rede de Dinamización ten presenza en Ponteareas desde o ano 2007. Ponteareas conta cunha situación peculiar no tocante o resto de Concellos da provincia xa que conta con rede wifi gratuíta para case toda a vila e parte das súas parroquias.
Contando con esta realidade e coa colaboración da Rede de Dinamización, viñéronse realizando no pasado ano, distintos obradoiros sobre diversos aspectos do mundo da informática, para achegar aos habitantes de Ponteareas e das súas parroquias a este novo mundo que, cada vez, ten máis presenza na realidade social, económica e cultural.

Para este ano 2008 a Rede de Dinamización conta coa colaboración da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.
Neste ano volverán a facerse novos obradoiros para aquelas persoas que non puideron beneficiarse o ano anterior, así como a continuidade dos proxectos que se puxeron en marcha no 2007.
Os obradoiros, seminarios, actividades, charlas… que se veñen desenrolando dende a Rede están destinados a toda a poboación en xeral (empresarios, homes, mulleres, maiores, xuventude...) polo que todo o mundo pode beneficiarse de xeito gratuíto.

Para poder participar só tendes que achegarvos até a Aula de Dinamización do Telecentro no Centro de Servizos Sociais, situado na rúa Oriente nº8. A dinamizadora Andrea vos informará das distintas actividades programadas e como tendes que facer para ser beneficiarios das mesmas. O horario de consulta é: luns, mércores e venres de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e martes e xoves só polas tardes de 17:00 a 20:00.
Asemesmo esta aula ten carácter de aceso libre para todos aqueles/as que, por algunha razón, non teñan Internet na súa casa, polo que poden acudir no mesmo horario arriba indicado. Nesta aula poden consulta-lo seu correo, procurar información na rede, facer consultas en Internet...
Aclarar que queda proíbida o uso da aula para xogos online e descargas.

Para calqueira dúbida que se desexe consultar  tamén  se pode  enviar un correo a seguinte dirección:
andrea.ponteareas@dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Ir arriba

Usuario Login

 

Especial Corpus Christi

 
  • Especial Corpus Christi 2010 - Ponteareas

Imaxes IMAXES

 

LocalWeb 2.0 | Copyright © 2008 Integal.com.| Todos los derechos reservados.
Contactar | Feito por integal, S.L. | Nota legal