Concello de PONTEAREAS

  • Mapa WebMapa Web
  • Buscador


Idioma
Ruta de acceso á sección Inicio O Concello » Inicio

Inicio

Mostra todos os contidos desta sección nunha nova páxina facilmente imprimible

FESTAS SETEMBRO

 
  • FESTAS DE SETEMBRO - Ponteareas

Mes de Setembro

 
  • Mes de Setembro - Ponteareas

Tramitación en liña

 

Enlaces

 
  • Canal Tea en Youtube
  • Foro Cidadán de Ponteareas
  • Sobroso Party
  • Plan Xeral de Ordenación Municipal
  • Subvencións
  • Formularios de Trámites
  • Información Xuvenil
  • Rede de Dinamización
  • Catastro
  • O TEMPO
  • Centro Multimedia de Galicia
  • Solicitude declaración Renta
  • Xunta de Galicia
  • Deputación Provincial de Pontevedra
Mércores, 13 de Xaneiro de 2010 ás 18:18 horas

O delegado territorial da Xunta, Coures Tourís, visitou Ponteareas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe o concello de Ponteareas, para, en compañía do alcalde, Salvador González Solla, coñecer o avance das obras que está a desenrolar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nesta localidade.
Cores Tourís destacou as obras de saneamento nas parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo, así como o colector de pluviais de Covas ou a rotonda da PO-403. En relación a esta última infraestrutura, destacou que as obras se están a desenrolar cun ritmo áxil “o cal vai permitir, pese aos problemas sufridos a causa da reposición de varios servizos, que se poida adiantar a data de finalización prevista”.
Neste senso, tanto os técnicos coma o responsable da Xunta en Pontevedra destacaron que a rotonda poderá ser inaugurada a finais do mes de febreiro ou a comezos de marzo. Nestes momentos superouse a incidencia sufrida coa reposición dos servizos afectados de abastecemento, alumeado, saneamento e telefonía non previstos no proxecto e que supuxeron un importe global preto de 57.000 euros que asumiu a Consellería ante a imposibilidade do concello de Ponteareas de facer fronte a este finanzamento. “En total, o custo desta obra estará arredor dos 300.000 euros”.
Este proxecto supón a construcción dunha rotonda para sustituila intersección que regula actualmente os accesos ao centro urbano de Ponteareas dende a estrada PO-403, por mor dos problemas de circulación e retención que se rexistran ante un tráfico diario de máis de 14.000 vehículos. “Para mellorala seguridade viaria, ademais, tamén se construirán pasos peonís elevados, en especial, ante a presencia dun centro de educación as beiras desta rotonda con máis de 600 alumnos”.
A rotonda contará cunha isleta central de once metros de diámetro, un arcén interior, dous carrís de catro metros e beirarúas en todo o entorno da obra.
O delegado territorial, acompañado do alcalde de Ponteareas visitou as obras de seaneamento que se están executando, na súa cuarta fase, nas parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo onde se están a invertir 636.800 euros. A obra está prácticamente rematada a excepción dos treitos do colector paralelo a N-120, a espera do permiso que ten que otorgar Fomento.
En relación a esta obra, o delegado territorial avanzou que xa está en redacción o proxecto da quinta fase deste saneamento “que contará cun orzamento estimado de un millón de euros”.
A maiores destas obras, tamén cabe destacar as obras de ampliación da ETAP de Ponteareas que conta cun presuposto de 1.381.142,55 euros. “Quero anunciar, ademais, que en breve visitará o municipio o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para coñecer, tamén persoalmente, o avance de todos estos proxectos”.
José Manuel Cores Tourís tamén destacou a inversión de 31.000 euros na reforma de varios camiños dentro do plan de mellora dos accesos a bodegas e viñedos posto en marcha pola consellería de Medio Rural.
“Todos estos investimentos deixan claro que a nova Xunta de Galicia está a cumprir os seus compromisos para con Ponteareas, superando con creces o aportado polo bipartito”, concluiu o delegado territorial.
FESTAS DO CORPUS
O delegado territorial tamén matizou que a Consellería de Cultura seguirá a manter o convenio de colaboración co concello de Ponteareas en relación ás axudas para as Festas do Corpus. “É importante matizar que en 2008 otorgáronse subvencións por un montante de 13.000 euros, mentras en 2009 foron en total 30.000 euros, unha cantidade que seguirá manténdose para o presente ano”.

Ir arriba

Usuario Login

 

Especial Corpus Christi

 
  • Especial Corpus Christi 2010 - Ponteareas

Imaxes IMAXES

 

LocalWeb 2.0 | Copyright © 2008 Integal.com.| Todos los derechos reservados.
Contactar | Feito por integal, S.L. | Nota legal